Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Medio cento de bares, restaurantes e comercios da cidade aportaron 16.000 euros para o San Froilán 2012


# Martes, 02/10/2012
Esta mañá recibiron de mans do tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, o distintivo que os identifica como “establecementos colaboradores co San Froilán 2012” 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Orzamento das festas é de 650.000 euros, 200.000 euros menos que en anos anteriores

A oferta feita este ano polo Concello aos bares, comercios e establecementos de hostalaría da cidade para que colaboraran no financiamento das festas deste ano acadou o respaldo de medio cento de establecementos, que aportaron 16.000 euros para o San Froilán 2012. Esta mañá recibiron os distintivos que os identifica como establecementos colaboradores San Froilán 2012 de mans do tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao.  

Bao agradeceu “en nome do Concello e estou seguro que en nome tamén dos cidadáns de Lugo” a súa aportación para as festas, “que son as festas de todos”, aclarou. O tenente alcalde aproveitou o acto para lles dar a coñecer as cifras de ingresos e gastos das festas deste ano. O Orzamento do San Froilán deste ano ronda os 650.000 euros, 200.000 menos que en anos anteriores. Os ingresos alcanzan os 547.000 euros (301.000 da adxudicación das atraccións e os postos de venda; 155.000 das casetas do polbo; 91.000 de patrocinios), polo que o Concello terá que aportar uns 100.000 euros para as festas do seu Orzamento, unha cantidade sensiblemente menor que noutras ocasións.

En canto aos gastos, Antón Bao explicou que “máis da metade do Orzamento vai destinado a montar toda a infraestrutura necesaria para as festas”, en concreto 137.935 euros para a montaxe dos escenarios; 49.560 para os equipos de son dos concertos; 21.175 para a iluminación ornamental das rúas; 33.880 para a montaxe dos stands de venda; e 88.042 euros para a toda a infraestrutura eléctrica (44.753 euros para a instalación eléctrica do feiral, 28.316 para dar luz ás vivendas dos feirantes en Garabolos, 6.450 para a dirección da obra eléctrica e 8.521 euros para a unificación do son das atraccións no feiral). Para actuacións, concertos, animación de rúa e programación infantil destínaronse este ano 287.000 euros e para difusión, cartelería, impresión do programa e promoción das festas por toda Galiza 28.265 euros.

10 empresas e 50 establecementos

O tenente alcalde quixo deixar constancia tamén das distintas aportacións logradas este ano para as festas. En total foron 10 as empresas que colaboraron económicamente co Concello para financiar as festas: E-ON, NovaGalicia Banco, Estrella Galicia, Coca Cola, Asogal, Monbus, Odegal, Calfensa, Gadis e El Progreso. Entre todas elas puxeron 75.000 euros, con distintas aportacións, a máis cuantiosa, a de E-ON, que aportou 45.000 euros.

A maiores destas empresas, medio centro de bares, restaurantes e comercios da cidade quixeron tamén colaborar con aportacións que foron dende os 150 aos 500 euros. A cantidade total lograda foi de 16.025 euros. Os establecentos que colaboraron foron: Cervecería Cook, Cervecería Las Landras, Anagrama Bar, Asociación Profesional Radio Taxi, Ayse Lucus s.l., Bar Anda, Buddha Bar, Café Pub Medievo, Café Bar Ave César, Café Bar Catro Rúas, Café Bar Celta, Café Bar Ríos, Café Centro, Cafetería Brisas, Chuché Bar, Cafetería Ziros, Coffe Karina, Ferretería Veiga, Galería Lugo s.l., Hostal Porta de Santiago, Hotel Jorge I, Jael Joyería, Javier Folgueira Lozano, Joyería Refojo, Mesón de Alberto, Autos Mourenza, Óptica de la Torre, Pankonké c.b., Pensión KM 511, Pub Dolce, Pub Dvorak 2.0, Pub Gandul, Pub La Roma, Pub No, Pub Onda Media, Pub Particular, Pub Tribeca, Pub Versus Lugo, Pulpería O Xugo, Pulpería Os Tres Pés, Restaurante Paprica, Restaurante O Cantiño, Restaurante Verruga, Zapatería Cuplé, Zinema c.b., Chocolatería Curbelo e Farmacia Forján.

Nancys Rubias actuarán o día 4 no sitio de Carlos Jean

Antón Bao tamén explicou que de xeito unilateral e sen previo aviso o cantante Carlos Jean decidíu na tarde de onte suspender o seu concerto en Lugo, previsto para este xoves día 4 ás 22:30 horas na Horta do Seminario. O tenente alcalde lamentou este feito e dixo que “Carlos Jean preferíu deixar tirados aos lucenses porque lle xurdíu outro compromiso en Italia”.

Esta mesma mañá o Concello buscoulle un substituto e no seu lugar actuarán Nancys Rubias, o grupo de punk, pop, glam, e música electrónica liderado por Mario Vaquerizo, marido de Alaska e representante de Fangoria, da actriz e cantante Leonor Watling e de Dover. Nancys Rubias nacen como grupo o 27 de Abril de 2004 na sala Morocco de Madrid. Co seu último disco Ahora o Nunca (2011) levan vendidas máis de 20.000 copias e están colleitando grande éxito en programas televisivos e en cadeas como a MTV.

Antón Bao tamén respondeu ás críticas do PP e negou que o concerto do Dúo Dinámico estexa sen pechar. “O contrato con este grupo, como con todos os que van vir ao San Froilán está firmado”, indicou o responsable de Cultura. Bao acusou ao PP de estar tentando “boicotear” as festas.  


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova