Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibiu hoxe a un grupo de estudantes suecos que participan nun proxecto de intercambio científico


# Martes, 02/10/2012


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a un grupo de 22 escolares procedentes dun instituto de Täby (Suecia) que efectuaron unha visita á Casa do Concello, ós que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica no país sueco. Estes estudantes están de intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes grazas a un proxecto pioneiro que consiste nun intercambio científico ademais do coñecemento lingüístico.

Desta maneira, os estudantes de ciencias de Lugo e de Täby analizaron a calidade das augas do río Miño e dun lago de Estocolmo, ademais de que estudarán as diferentes actuacións que se realizan para a conservación dos mesmos.

López Orozco explicoulles brevemente a importante inversión que o Concello de Lugo levou a cabo para mellorar a calidade da auga, tanto de consumo, como a que se devolve ao Río Miño. Así, comentoulles os avances que se realizaran no tratamento da auga coa nova potabilizadora e a nova depuradora e invitounos a visitar ambas instalacións. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova