Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presidiu esta mañá a recepción á Copa do Mundo e ás Copas de Europa gañadas pola Selección Española


# Martes, 02/10/2012
Numerosas persoas se achegaron ao Concello para coñecer de preto ditos trofeos e fotografiarse con eles 

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Federación Española de Fútbol en Lugo, Kike Prado, participaron nun acto de recepción dos tres trofeos que se puideron ver ao longo do día.

López Orozco agradeceu “á Federación de Fútbol que nos deron a oportunidade de poder ter entre as mans tanto a Copa do Mundo como as Copas de Europa que tanto nos fixeron desfrutar”. Ademais manifestou que “estas copas significan os esforzo dos xogadores, da federacion e aos siareiros e que sirva para que os máis novos se animen a facer deporte”.

Os trofeos que se puideron ver foron a Copa do Mundo conseguida o 11 de xullo de 2010 e as Copas de Europa ganadas no 2008 e en xuño de 2012 polo equipo entrenado por Vicente del Bosque. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova