Imprimir

A SALA DE EXPOSICIÓNS DO UXÍO NOVONEYRA REABRE AS SÚAS PORTAS COA EXPOSICIÓN DO FOTÓGRAFO RICARDO CAMBÓN


3/10/2012 Trátase dunha mostra de 17 imaxes panorámicas de festas emblemáticas de Galiza

O fotógrafo carballés Ricardo Cambón abre na reformada Sala de Exposicións Uxío Novoneyra unha mostra de 17 fotografías panorámicas pertencentes a súa obra “Festas de Galicia” e que son unha escolma deste traballo realizado en 2010 en máis de oitenta festas de interese turístico repartidas pola xeografía galega.

A selección que presenta en Lugo abrangue festas como o Arde Lucus, a festa das Rapa das Bestas de Viveiro, o Entroido de Verín ou as Festas do Apóstolo de Santiago. Trátase de imaxes moi espectaculares, tomadas en formato panorámico co fin de retratar o momento clave de cada unha das celebracións. Esta mostra poderase visitar do 3 ao 31 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas e o acto de inauguración terá lugar esta tarde ás 20:00 horas.