Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O PAPRICA GAÑA O 8º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO


# Mércores, 03/10/2012


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, fixo públicos esta tarde os nomes dos premiados no 8º Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo e a colaboración de varias entidades e establecementos hoteleiros. O gañador foi o restaurante Paprica coa súa tapa de bonito e tomate de tempada. Este é o palmarés completo:

PALMARÉS

GAÑADOR:
Paprica (Bonito e tomate de tempada)

2º:
Campos (Zamburiñas de Arcade á grella sobre salsa de parmesano con verduriñas, espuma de limón e galleta de follado gratinada)

3º:
Cinco Vigas (Medallón de ouro)

Mellor tapa creativa:
Restaurante España (Taco de salmón, lixeiramente afumado, iogur de wasabi e aceite de brasas)

Mellor tapa tradicional:
Vía Láctea (Milfollas de bacallau con queixo Marqués de Cernadas)

Mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra:
Paprica (Bonito e tomate de tempada)

Mellor maridaxe con cervexa Estrella Galicia:
Casa d’Auga (Filloa da lareira)

Premio tapa ecolóxica:
A Nosa Terra (Tixolada)

Premio Marqués de Cernadas:
Casa d’Auga (Filloa da lareira)

No transcurso da roda de prensa, ofrecida a partir das cinco da tarde no salón de plenos do Concello, Real informou de que nesta edición, na que participaron 45 locais hostaleiros, se serviron un total de 29.441 tapas e se xerou un volume de negocio de 147.205 euros.


www.concursodetapasdelugo.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova