Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de vinte actividades programadas para celebrar o día do patrón da cidade


# Xoves, 04/10/2012
Lugo estrea a nova bandeira oficial do Concello o día do seu Patrón
Arrinca a programación do San Froilán Miúdo
Actúan oito grupos, entre eles o Dúo Dinámico, en cinco concertos


O día grande das festas conmemora a onomástica do seu patrón cunha vintena de actividades deseñadas para todos os públicos. Un dos actos máis especiais que se celebran nesta xornada festiva é o izamento da nova bandeira oficial do Concello de Lugo, feito que terá lugar ás 13:30 horas na Casa Consistorial.

Pero o programa arrinca máis cedo, e dende ás 10:00 horas os lucenses e visitantes poderán gozar de variadas actividades como o obradoiro de cestería que ofrece a Asociación Corazones Artesáns no Parque de Rosalía de Castro. Neste mesmo escenario, ás 11:00 horas o Ximnasio Sculture ofrecerá unha sesión de danza do ventre aberta a todo o público que queira aprender esta técnica milenaria.

A música estará moi presente na mañá festiva coa actuación ás 12:00 horas na rúa da Raíña de Horten Orquestra, que deixará abraiado ao público coas súas sorprendentes habilidades como home orquestra. Á mesma horas, partirá do Barrio da Milagrosa o pasarrúas de música tradicional galega do grupo Airiños de Orbazai para animar as rúas ata o centro. E a Banda Municipal de Lugo, ás 12:30 horas, ofrecerá o concerto de San Froilán no templete da Praza Maior. Xusto ao remate da tradicional Ofrenda da Corporación Municipal ao santo na Catedral de Lugo, acto que empeza ás 12:00 horas.

Dende ás 12:45 horas, o espectáculo de Os Pelúdez entre Nós percorrerá a rúa da Raíña, a Praza Maior e o recinto feiral.

O programa da tarde, arrinca de novo no Parque de Rosalía de Castro co obradoiro de cestería a cargo da Asociación Corazóns Artesáns que empeza ás 16:00 horas. E continúa ás 17:30 horas coa apertura da Porta de Bispo Aguirre a cargo da compañía Proxecto Danza.

E ás 18:00 horas comeza a animación na rúa con catro actuacións programadas en distintos puntos da cidade:
- 18:00 horas, Horten Orquestra actúa na Rúa da Raíña
- 19:00 horas, Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Peleriños polo barrio das Gándaras e recinto histórico.
- 20:30 horas, Animación de rúa do grupo Bloquinho de Xermolos polo recinto histórico.
- 22:00 horas, Animación de rúa da Charanga Madia Leva polo recinto histórico.

Oito grupos para cinco concertos

Para esta xornada están programados cinco concertos nos que participan oito grupos de distintos estilos musicais. O primeiro deles é o grupo lucense Saltanocribo, que actúa ás 20:15 horas na Praza de Santa María.
(Link vídeo Saltanocribo: http://www.youtube.com/watch?v=LeUKgGetdBo)

Ás 21:00 horas terá lugar o concerto da Orquestra Folk Sondeseu na Praza de Santa María, que presenta o seu premiado “Barlovento” o seu último traballo.
(Link vídeo Sondeseu: http://www.youtube.com/watch?v=W0xiRm-BP9M)

O lucense Kike Ganso actúa na Praza Horta do Seminario ás 21:45 horas e presentará o seu último disco “Menudo soy yo”.
(Link vídeo Kike Ganso: http://www.youtube.com/watch?v=5hYeGLYooSA)

Ao remate desta actuación, ás 22:30 horas, arrincará o concerto do mítico Dúo Dinámico que achegará a Lugo o seu repertorio de clásicos no escenario da Praza Horta do Seminario.
(Link vídeo Dúo Dinámico: http://www.youtube.com/watch?v=fIlIo_PoVZ4)

Á mesma hora, no escenario da Praza do Campo Castelo terá lugar o Festival “Zumbanocoiro” que organiza a Asociación Cultural A Volta do Agro. Participan os grupos Lagharteiras, A Volta do Agro e Tiruleque.
(Link vídeo Lagharteiras: http://www.youtube.com/watch?v=zgIlLj0FJNM)
(Link vídeo A Volta do Agro: http://www.youtube.com/watch?v=rpwQRBcylwU)
(Link vídeo Tiruleque: http://www.youtube.com/watch?v=L7QrgjrZJZI)

As orquestras Ipanema e Los Satélites pechan o programa do día grande das festas coa verbena que animará á Praza Maior dende ás 23:00 horas.

Arrinca o San Froilán Miúdo
Para celebrar o día grande das festas, arrinca o programa do San Froilán Miúdo na carpa situada nos Xardíns da Deputación con dúas actuacións gratuítas deseñadas especialmente para os máis pequenos. Ás 12:00 e ás 18:00 horas, a Compañía Os Quinquilláns presenta o espectáculo “Merlín”.

Outras actividades
Nesta xornada abren as súas portas Expolugo, que se celebra do 5 ao 7 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos, e a Feira Artesanfroilán, que está ubicada na carpa da Praza de Anxo Fernández Gómez do 5 ao 12 de outubro.

Tamén empeza a funcionar o Mago-Móbil que se estacionará do 5 ao 12 de outubro entre a Praza Maior e a Praza de Santa María. O Mago Antón encabeza un cartel de actuacións nas que tamén figuran o Mago Kiko Pastur, Kayto, Javi Benítez e Luis Manuel. As entradas custan 2 euros e os pases programados para este venres son: 12:00, 13:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00 e 23:00 horas.

Dentro do programa de actividades deportivas do San Froilán, este venres celebraranse o XI Torneo de San Froilán de Padel, que terá lugar no Hotel Santiago, e o X Open San Froilán de Tenis no Club Fuvial.


Programa do 5 de outubro, Día de San Froilán

• 11.00 h.
Actividade aberta de Danza do Ventre co Ximnasio Sculture no parque de Rosalía de Castro.

• 12.00 h.
Música na rúa da Raíña con Horten Orquestra (home orquestra)

• 12.00 h.
Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Airiños de Orbazai polo barrio da Milagrosa e recinto histórico

• 12.30 h.
O San Froilán Miúdo. Compañía Os Quinquilláns: “Merlín”, na carpa situada nos xardíns da Deputación.

• 12.30 h.
Concerto da Banda Municipal de Lugo no quiosco da praza Maior.

• 12.45 h.
Os Pelúdez entre nós na rúa da Raíña, praza Maior e recinto feiral.

• 13.30 h.
Izamento da nova bandeira oficial do Concello de Lugo na casa do Concello.

• 17.30 h.
Danza nas portas da muralla. Proxecto Danza na porta de Bispo Aguirre.

• 18.00 h.
O San Froilán Miúdo. Compañía Os Quinquilláns: “Merlín” na carpa situada nos xardíns da Deputación.

• 18.00 h.
Música na rúa da Raíña con Horten Orquestra (home orquestra).

• 19.00 h.
Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Peleriños polo barrio das Gándaras e recinto histórico.

• 20.15 h.
Concerto de Saltanocribo na praza de Santa María.

• 20.30 h.
Animación de rúa do grupo Bloquinho de Xermolos polo recinto histórico.

• 21.00 h.
Concerto da Orquestra Folk SonDeSeu na praza de Santa María.

• 21.45 h.
Concerto de Kike Ganso na praza Horta do Seminario.

• 22.00 h.
Animación de rúa da Charanga Madia Leva polo recinto histórico.

• 22.30 h.
Festival ‘ZUMBANOCOIRO’, organizado pola Asoc. Cultural a Volta do Agro, cos grupos Lagharteiras, A Volta do Agro e Tiruleque, na praza do Campo Castelo.

• 22.30 h.
Concerto do Dúo Dinámico na praza Horta do Seminario.

• 23.00 h.
Verbena a cargo das orquestras Ipanema e Los Satélites na praza Maior.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova