Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A música protagonista absoluta deste sábado de San Froilán


# Venres, 05/10/2012
Programada unha intensa axenda de concertos de todos os estilos: Sanfroidance, Festival de Cultura Tradicional,Los Gofiones, Maldia e Siniestro Total

Imaxe Asociada

Continúa o San Froilán Miúdo e a animación na rúa

Este sábado de San Froilán ten un protagonista indiscutible: a música. De todas as tendencias e de todos os estilos, a música cobra un especial protagonismo nesta xornada que celebra o X Festival de Cultura Tradicional e o VII Sanfroidance e os concertos de Los Gofiones, Maldia e Siniestro Total.

O Festival de Música Tradicional celebrará a súa primeira década coa actuación de seis grupos de Lugo, Zamora e Portugal: A Ronda Típica da Meadela (Viana do Castelo), Grupo de Coros e Danzas Dona Urraca (Zamora), Grupo de Baile, Grupo de Cantareiras, Coro Galego e Banda de Gaitas de Cántigas e Frores (Lugo). O certame terá lugar ás 18:00 horas na Praza de Santa María.

E será no escenario da Praza de Campo Castelo, onde se celebre a sétima edición do Sanfroidance que presenta as tendencias máis punteiras da fusión da música electrónica co reggae, a funky, o soul, o dance, o rap ou o break. A partir das 19:00 horas arrincará este espectáculo da man de: Rulassie Selektah Feat. Erin, 2 Kilos, Rack Eterno, Kultama & Da Cheph, Benjammin backed by Rulassie Selektah, Dj Laese (Delahoja), Tony Sabandija vs Mr. Fishman, Theremin Tourette (Visuales). Ademais do concerto, celebraranse dende as 17:00 horas obradoiros de graffitti, con Party Bastards, e de improvisación musical, con Beatmac.

Os outros tres concertos programados para esta tarde tamén exemplifican o amplo abano de estilos que se incorporan ao San Froilán. O primeiro deles é a actuación dos canarios Los Gofiones, que presentarán o seu último traballo, “Zafra”, na Praza de Santa María a partir das 21:00 horas.
(Ligazón vídeo Los Gofiones: http://www.youtube.com/watch?v=R2swHV3kxHM)

No escenario da Praza Horta do Seminario, o concerto do grupo lucense Maldia ás 21:45 horas antecederá a actuación do mítico grupo de rock e símbolo da movida galega dos 80, Siniestro Total, que tocarán os seus grandes éxitos a partir das 22:30 horas.
(Ligazón vídeo Siniestro Total: http://www.youtube.com/watch?v=t02dFZI7nw4)

E para rematar a xornada, a verbena da Praza Maior pechará a xornada coas actuacións das orquestras D’Moda e Breixa Band a partir das 23:00 horas.

Pero non só haberá concertos e baile neste sábado de San Froilán, pois tamén será unha completa xornada festiva chea de actividades na rúa. Para comezar o día con enerxía, nada mellor que achegarse ás 12:00 horas ata o Parque de Rosalía de Castro, onde monitores do Ximnasio Olympuss ofrecerán clases gratuítas de Wu-Shu, defensa persoal e danza do ventre.

Esta enerxía servirá para seguir o ritmo dos pasarrúas de Saíñas (dende ás 12:00 horas polo barrio da Residencia, Fonte dos Ranchos e centro histórico) e Perkusiona (a partir das 13:30 horas polo centro histórico).

Unha das actividades máis vistosas será o desfile de Xigantes e Cabezudos, a cargo de Trebas Galaicas, que poderán contemplar nenos e maiores na Praza Maior a partir das 12:30 horas.

Pola tarde, o Parque de Rosalía de Castro acollerá ás 16:30 horas o I Aberto San Froilán de Billarda que organizan C.S. Mádia Leva! e Liga Nacional de Billarda. E continuará a animación cos pasarrúas de música tradicional de Airiños do Neira (a partir das 19:00 horas polo barrio das Fontiñas e as rúas do centro) e de Bloquinho de Xermolos (dende ás 20:30 horas polo recinto histórico).

A partir das 20:00 horas, Os Pelúdez pasearán o seu espectáculo polas rúas do centro e o recinto feiral.

Apertura das Portas da Muralla
Este sábado, a Escola de Música e Danza Fábrica de Sons abre a Porta de San Fernando ás 17:30 horas cun espectáculo de música e danza.

San Froilán Miúdo
Continúa o programa do San Froilán Miúdo na carpa situada nos Xardíns da Deputación coa actuación gratuíta de Kote Malabar ás 18:00 horas.

Outras actividades
Continúa Expolugo, que se celebra do 5 ao 7 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos, e a Feira Artesanfroilán, que está situada na carpa da Praza de Anxo Fernández Gómez do 5 ao 12 de outubro, celebra unha nova xornada.

O Mago-Móbil, estacionado entre a Praza Maior e a Praza de Santa María, acolle novos espectáculos. O Mago Antón encabeza un cartel de actuacións nas que tamén figuran o Mago Kiko Pastur, Kayto, Javi Benítez e Luis Manuel. As entradas custan 2 euros e os pases programados para este sábado son: 13:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00 e 23:00 horas.


O programa de actividades deportivas do San Froilán, propón para este sábado sete citas deportivas:

- 9:30 horas................... XIV TORNEO SAN FROILÁN DE GOLF
Lugar : Campo de Golf do club
Organiza: CLUB DE GOLF LUGO

- 11:00 horas................. IV TORNEO SAN FROILÁN DE BÉISBOL
Lugar: Campo Municipal de Béisbol Germán López Vila.
Organiza: LUME B.C.

- 12:00 horas ................IV TORNEO SAN FROILÁN DE BALONMÁN
Lugar: Polideportivo Municipal Casa do Deporte
Organiza: ACALUBA

- 16:00 horas............... XIII CRITERIUM CICLISTA SAN FROILÁN
Lugar : Avenida de Ramón Ferreiro
Organiza: CLUB CICLISTA CIDADE DE LUGO

- 18:00 horas ............. XI TORNEO SAN FROILÁN DE RUGBY
Lugar: Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera
Organiza: MURALLA R.C.

- 19:15 horas...............IV TORNEO SAN FROILÁN DE BALONMÁN
Lugar: Polideportivo Municipal Casa do Deporte
Organiza: ACALUBA

- 20:00 horas............... AZKAR – F.C. BARCELONA
Lugar: Pavillón Municipal dos Deportes

Programa San Froilán do 6 de outubro

• 12.00 h.
Actividade aberta de Wu Shu - Defensa Persoal Danza do Ventre co Ximnasio Olympuss no parque de Rosalía de Castro.

• 12.00 h.
Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Saíñas polo barrio da Residencia, Fonte dos Ranchos e recinto histórico.

• 12.30 h.
Desfile de Xigantes e Cabezudos a cargo de Trebas Galaicas na Praza Maior.

• 13.30 h.
Animación de rúa co grupo Perkusiona polo recinto histórico.

• 16.30 h.
I Aberto San Froilán de Billarda no parque de Rosalía de Castro. Organizan o C.S. Mádia Leva! de Lugo e Liga Nacional de Billarda (LNB).

• 17.00 h.
Obradoiros: Party Bastards Graffiti, Beatmac improvisación musical Sanfroidance 2012 na praza do Campo Castelo.

• 17.30 h.
Danza nas portas da muralla coa Escola de Música e Danza Fábrica de Sons na porta de San Fernando.

• 18.00 h.
O San Froilán Miúdo. Kote Malabar nos xardíns da Deputación.

• 18.00 h.
X Edición do Festival de Cultura Tradicional, organizado pola A.C. Cántigas e Frores, A Ronda Típica da Meadela (Viana do Castelo), Grupo de Coros e Danzas Dona Urraca (Zamora), Grupo de Baile, Grupo de Cantareiras, Coro Galego e Banda de Gaitas de Cántigas e Frores (Lugo), na praza de Santa María

• 19.00 h.
Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Airiños do Neira polo barrio das Fontiñas e recinto histórico.

• 19.00 h.
VII S.F.D.C. Sanfroidance 2012: Rulassie Selektah Feat. Erin, 2 Kilos, Rack Eterno, Kultama & Da Cheph, Benjammin backed by Rulassie Selektah, Dj Laese (Delahoja), Tony Sabandija vs Mr. Fishman, Theremin Tourette (Visuales), na praza do Campo Castelo.

• 20.00 h.
Os Pelúdez entre nós no recinto histórico.

• 20.30 h.
Animación de rúa co grupo Bloquinho de Xermolos polo recinto histórico.

• 21.00 h.
Concerto de Los Gofiones na praza de Santa María.

• 21.45 h.
Concerto de Maldia na praza Horta do Seminario.

• 22.30 h.
Concerto de Siniestro Total na praza Horta do Seminario.

• 23.00 h.
Verbena a cargo das orquestras D’Moda e Breixa Band na praza Maior.


Toda a información en
www.sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova