Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora na apertura da 16ª edición da feira Artesanfroilán


# Venres, 05/10/2012
Estará aberta ata o vindeiro día 12 de outubro, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asistiu á inauguración da 16ª edición do Artesanfroilán, a feira de artesanía que se pon en marcha durante as festas do San Froilán e que ten coma obxectivos dar a coñecer a riqueza artesanal da provincia de cara ó exterior, aproveitando a enorme afluencia de visitantes que durante estes días recibe a cidade.

Esta feira que se instala grazas a colaboración do Concello quedará aberto na carpa instalada na Praza de Anxo Fernández Gómez, situada tras a Casa do Concello ata o vindeiro día 12 de outubro, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30. A entrada é gratuíta.

Os 25 artesáns que estarán presentes no Artesanfroilán, o 80% dos cales son lucenses, porán á venda pezas de xoiería e bixutería, cerámica, téxtil en la e encaixe, coiro, elementos decorativos e xoguetes realizados en madeira, pintura decorativa, variados complementos de vestir elaborados con diferentes materiais, zapatos ou traballos en vidro e flor seca.

Aparte do destacado volume de negocio, outro dos atractivos que ten esta mostra para os artesáns é o premio de 1.000 euros en metálico que premia o expositor de máis calidade, tendo en conta factores coma a orixinal presentación do produto e o esforzo por mellorar a calidade da feira.

No “stand” 26 non haberá produtos á venda, senón unha pequena exposición que constitúe a novidade máis destacada deste ano. Oito destacados artistas e artesáns amosarán a través dos seus traballos que lembranzas e impresións lles evoca o San Froilán. Para plasmar a súa particular visión das festas, estes consagrados profesionais empregan materiais coma madeira, pedra, téxtil, cerámica ou ferro.

Toda a información en www.sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova