Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Expolugo abre as súas portas cedendo o protagonismo ao medio rural


# Venres, 05/10/2012
VI Mostra Gandeira, Agroalimentaria e de Maquinaria Agrícola
II Exposición Nacional Canina
I Mostra de Artesanía


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A inauguración de Expolugo estivo protagonizada polas seguintes intervencións:

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo: que destacou a importancia do sector agroalimentario e da labor dos gandeiros da provincia e de Galicia. Reivindicou Expolugo como o escenario esencial para “concienciarnos dos problemas do agro, que é parte esencial da nosa sociedade e que non podemos deixar morrer”. Así Lugo convértese na capital agrogandeira do noroeste peninsular, “recollendo a antorcha da Semana Verde de Silleda, que está apagándose dende hai uns anos”.

Mario Outeiro, Deputado provincial e responsable da Área de Benestar social, deporte, igualdade e mocidade da Deputación Provincial de Lugo, falou da orixe dos certames feirais na cidade, hai máis de 250 anos e agradeceu “que hoxe se sigan facendo feiras agropecuarias, como Expolugo”. Resaltou o traballo de todas as administracións para “fortalecer ao noso sector primario agropecuario, tan importante para a provincia”. Finalmente tamén insistiu na importancia de fixar poboación no eido rural.

Antón Bao, Concelleiro de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e 1º Tenente de Alcalde de Lugo, referiuse á cidade de Lugo “coma unha encrucillada entre o urbano e o rural” onde unha feira agrogandeira como Expolugo é de enorme importancia. Agradeceu a celebración dun certame “no que segue depositada a esencia viva do agro galego”. E animou a todas as administracións a camiñar unidas “pola súa recuperación e revalorización”.

Xosé Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación Provincial de Lugo, tamén incidiu en traballar pola recuperación e reforzo do mundo agrario, en loitar contra a despoboación do eido rural. Noutras verbas “temos que traballar día a día pola dignificación do traballo agrario”. As festas de San Froilán e Expolugo son a ocasión para homenaxear e recoñecer a importancia do mundo agrogandeiro. Finalmente destacou a presencia no certame dunha raza de calidade máxima, a Rubia Galega.

Finalmente pechou o acto Eduardo Núñez Torrón, presidente executivo da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, aludindo ao declive da Semana Verde de Silleda e á importancia do certame lucense, que conta “con máis de 200 cabezas de gando, as verdadeiras protagonistas do evento”. Resaltou a importancia da Rubia Galega e do Porco Celta, así como a segunda edición da Exposición Nacional Canina, o Mercado Agrogandeiro e a Mostra de Artesanía. E dado que “este ano decidimos que a entrada fora de carácter gratuíto, esperamos superar os 20.000 visitantes, coma en anteriores ocasións”.

Expolugo celebrarse do 5 ao 7 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 11:00 a 21:00 horas. Por primeira vez na historia deste certame a entrada para todos os públicos será GRATUÍTA.

A que será a edición de Expolugo máis agrogandeira e rural dos últimos anos está a piques de abrir as súas portas. Unha aposta decidida polos produtos da nosa terra que este ano, dados os momentos de crise que estamos a vivir, será aberta de xeito gratuíto a todos os públicos.
A orientación que este ano se lle dá a Expolugo abrangue 4 áreas diferenciadas que ocupan una extensión de máis de 10.000 metros cadrados:

Mercado Agroalimentario: exposición e venta de produtos do agro galego e de empresas distribuidoras galegas: dende viños, pasando por produción ecolóxica, lácteos, doces ou embutidos. (Pavillón 2.). Nela destacarán as demostracións de cociña en directo a cargo do prestixioso cociñeiro aragonés VICTOR MARTA (sábado 6 a partires das 18:00 h).

Mostra Gandeira: celebra a súa sexta edición e ano a ano supón un éxito de afluencia de público e ventas. As principais asociacións gandeiras de razas autóctonas de Galicia están presentes no pavillón 1 do Pazo de Feiras e Congresos con animais vivos en Expolugo. ACRUGA, ASOPORCEL, OVICA, ASOVEGA, AVIMÓS, BOAGA, PURAGA, CAPRIGA e Can de Palleiro.

Destaca o primeiro monográfico da RUBIA GALEGA, organizado por ACRUGA, que exporá máis de 150 animais desta raza cárnica galega. (Pavillón 1)

Do mesmo xeito, no Restaurante da Feira (a cargo de Viadilla-Chantada), ademais do tradicional polbo poderanse degustar pratos elaborados coa marca de carne Ternera Gallega Suprema, Carne de Rubia Galega.

Nesta mostra destacará tamén a II Exposición Nacional Canina (pavillón 2), organizada por EXPOGAL, que repite logo do éxito acadado o pasado ano coa primeira edición dedicada ao mundo canino. Este ano, ademais dos diversos concursos destacarán as demostración de rescate con cans, sendo especialmente espectaculares as que utilizarán unha tirolina para desenvolvelas.

Mostra de Artesanía: 8 dos principais artesáns da provincia estarán presentes nesta mostra onde se poderán ver demostracións e adquirir produtos relacionados coa talla en madeira, tear, encaixe de bolillos, cestería, etc. (Pavillón 2)

Mostra de Maquinaria Agrícola Clásica: A asociación AGAMAC colabora un ano máis en Expolugo cunha selecta mostra de maquinaria agrícola clásica. (Pavillón 1).

Aínda sendo conscientes da crise actual que nos toca vivir, dende a organización esperamos un novo éxito en afluencia de público e de volume de negocio. Neste senso, agardamos poder superar de novo os 20.000 visitantes das últimas edicións. Para elo, e por primeira vez na historia do certame, a entrada a Expolugo 2012 será DE BALDE.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova