Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñoz presenta a segunda edición dos Obradoiros para a busca de emprego


# Luns, 08/10/2012
O Concello de Lugo decidiu a reedición deste curso ante a demanda deste tipo de información

Imaxe Asociada
O prazo está aberto dende mañá 9 de outubro ata o día antes da realización do obradoiro nos que hai un total de 200 prazas

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, presentou un programa con diferentes talleres de búsqueda activa de emprego que terán lugar entre o 23 e o 31 de outubro. Todos os talleres terán lugar no Espazo Lab do Concello en horario de 10 a 12:30, agás os que se celebran o día 26 de outubro que será entre as 09:30 e as 12:00 horas e entre as 12:30 e 13:30 horas.

Dende o Espazo>lab, que é o centro de orientación laboral do Concello de Lugo, organízanse unha semana relacionada co emprego dirixidos a todas as persoas interesadas pero fundamentalmente ás que se atopan en situación de desemprego.

Estes talleres, que son totalmente gratuítos, pretenden ser unha axuda importante para que se poidan optimizar mellor as posibilidades de buscar activamente emprego por parte das persoas que nestes momentos se atopan sen traballo, “e que en ocasións non saben presentar axeitadamente os seus coñecementos ou descoñecen as probas de selección” segundo manifestou Esther Muñóz.

Os talleres levaranse a cabo entre o 23 e 31 de outubro e, como novidades, contarán con dúas edicións:

Día 23 e 29 de outubro, As regras de ouro para preparar un currículum vitae atractivo, no que se darán pautas para a confección do seu propio currículum ás persoas asistentes xa que é unha ferramenta esencial e debe de chegar de maneira eficaz ás persoas que van a realizar os procesos de selección. Este taller conta con 25 prazas en cada unha das edicións.

Día 24 e 30, Como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, no que se ensinará aos participantes como adquirir as habilidades necesarias para solventar unha entrevista de traballo e para poder transmitir con máxima eficacia a súa mensaxe. Este taller conta con 25 prazas cada un dos días.

Día 25 e 31 de outubro, Como preparar probas de selección para un posto de traballo, nos que se dará a coñecer a tipoloxía de probas coas que se poden atopar nunha entrevista de traballo e daráselles os coñecementos necesarios para realizar dunha maneira máis eficaz as probas. Este taller conta con 25 prazas.

Día 26 de outubro, Estratexia social media para a búsqueda de emprego (redes sociais, blogs..) ao finalizar este taller os participantes estarán en condicións de emprender diferentes accións en contornas dixitais e social-media relacionadas co proceso de busca de emprego. Este mesmo día haberá outro taller denominado A rede Eures. O portal de busca de emprego en Europa no que se realizará unha introdución á Rede Eures, que é o portal de emprego da Unión Europea. Esta actividade conta con 75 prazas.

O prazo para apuntarse nos diferentes talleres comeza mañá día 9 de outubro e remata o día anterior a celebración do mesmo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de presentación.

Más información sobre estes obradoiros, pode consultarse nos sitios web www.lugo.es/espazolab , www.lugo.es/europedirect , www.lugo.es , ou chamando ao teléfono 982 297 361.

Icona descarga Cartel (pdf)


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova