Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello encarga un estudo para comunicar a Praza de Abastos co aparcamento soterrado de Santo Domingo


# Martes, 09/10/2012
A Concelleira de Economía anunciou que se fará un proxecto arqueolóxico para determinar que restos hai na zona e como se poden conservar

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os fondos do Plan Urban facilitan o investimento para un proxecto que axudaría a dinamizar os negocios da Praza de Abastos

O Concello estuda a posibilidade de conectar a Praza de Abastos co aparcamento soterrado de Santo Domingo.

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, anunciou hoxe a contratación dun estudo arqueolóxico para determinar que restos hai na zona e ver se é posible facelos visibles coa creación dun pasadizo que comunique a Praza e o parking.

O servizo municipal de Arqueoloxía ten detectado que por esa zona podería pasar a calzada romana e o Concello quere comprobar se é así e ver se é posible poñela en valor.

Sonia Méndez indicou que o estudo arqueolóxico vai ser financiado con fondos do Plan Urban e foille encargado á empresa Resconsa, por un importe de 43.511 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.

Tamén explicou a Concelleira de Economía que o Concello pode retomar agora unha vella idea que contribuiría a dinamizar os negocios da Praza de Abastos porque nestes momentos se conta coas posibilidades tecnolóxicas e tamén cos fondos do Plan Urban que permitirían afrontar este investimento.

Méndez sinalou que a posta en marcha deste proxecto ten dous obxectivos, por unha parte facilitar, mediante un pasadizo, unha zona de estacionamento ós clientes dos postos da Praza de Abastos e, en segundo lugar, seguir avanzando na conservación e posta en valor do importante patrimonio arqueolóxico de Lugo.

De feito, o investimento necesario para contratar o proxecto arqueolóxico, que deberá ser aprobado pola Xunta de Galicia e polo Concello, tamén se fará con fondos do Plan Urban, que cofinancia a Unión Europea.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova