Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Acordo adoptado na última sesión do Foro de Igualdade do Concello de Lugo, celebrada o 4 de outubro de 2012


# Mércores, 10/10/2012


ACORDO DO FORO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN MATERIA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE LUGO ADOPTADO NA SÚA SESIÓN DO 4 DE OUTUBRO DE 2012


Na súa última sesión, celebrada o pasado 4 de outubro, o Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade do Concello de Lugo acordou por unanimidade, expresar a súa preocupación polo suceso descrito por unha veciña de Lugo nunha carta ao director dun medio local. A autora do texto presenciou nunha rúa da nosa cidade como un home estaba maltratando unha muller, ante a pasividade de todas as persoas que circulaban nese intre.

O Foro diríxese á sociedade lucense para que tome unha postura proactiva ante calquera acto de violencia machista. A violencia de xénero non é un problema que poida quedar no ámbito privado; senón que é unha grave violación dos dereitos humanos, cuxa erradicación se debe afrontar colectivamente. Neste sentido, pídelle á cidadanía de Lugo que cada vez que alguén presencie un acto de violencia contra as mulleres o denuncie.

Por último, o Foro quere animar as vítimas para que acudan aos servizos especializados de atención ás mulleres. Alí atoparán apoio e asesoramento sobre como rachar coa situación de sometemento na que viven. Neste sentido, lembrar que no Concello de Lugo existe a Casa da Muller, servizo que brinda apoio e atención psicolóxica, social e xurídica ás mulleres que sofren malos tratos.






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova