Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

420 persoas matriculadas na Escola Municipal de Música, que comezará a funcionar antes de que remate o mes no Centro Social Uxío Novoneyra


# Xoves, 11/10/2012
Luis Álvarez informou que “as multas coercitivas son a única ferramenta que temos como administración para que os propietarios manteñan en condicións os edificios abandonados” 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Escola Municipal de Música, que comezará a funcionar antes de que remate este mes de outubro no Centro Social Uxío Novoneyra, recibíu un aluvión de solicitudes. O tenente alcalde e responsable de Cultura, no nacionalista Antón Bao, mostrouse hoxe “moi satisfeito” pola posta en marcha desta iniciativa. “Superáronse as espectativas iniciais que tiñamos, o que demostra que era un servizo necesario para o que hai unha enorme demanda”, afirmou Bao na rolda de prensa posterior á habitual Xunta de Goberno dos mércores.

A posta en marcha deste servizo era unha vella demanda, pois Lugo era a única cidade galega que non contaba cunha Escola de Música Municipal, un servizo que hai mesmo en moitas vilas máis pequenas .A través desta iniciativa, que está a ter gran aceptación por parte de usuarios de todas as idades, o Concello de Lugo quere que a música chegue a toda a cidadanía, sen distinción de idade, de clase social ou de lugar de residencia, por medio dun servizo cen por cen público.

Bao explicou que percusión, saxofón e trompeta son os instrumentos máis demandados e que tamén hai moitos nenos e nenas pequenos inscritos, en concreto máis de 150 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos apuntados. Para estas idades temperás está pensada a asignatura de Música e Movemento. Tamén hai un bo número de persoas de todas as idades, moitas delas persoas xubiladas, con idades que chegan aos 80 anos.

Pódese escoller entre 10 instrumentos e 11 materias de apoio
As clases da Escola Municipal de Música comezarán neste mes de outubro e serán pola tarde, de 4 a 10 da noite. A Escola de Música terá un enfoque eminentemente práctico. Impartiranse un total de 21 materias, entre as que haberá a aprendizaxe de 10 instrumentos distintos, principalmente de vento e percusión, e 9 materias teóricas de apoio e formación musical. As persoas que se matriculen poderán escoller entre clarinete, percusión, gaita, pito, frauta, trompa, trompeta, fagote, trombón, saxofón ou tuba. Entre as materias teóricas están linguaxe musical, formación de adultos, obradoiro de creación sonora, musica e movemento, historia da música, fundamentos da composición, jazz e improvisación, iniciación á informática musical. Tamén están pensadas clases de apoio para aqueles nenos e nenas que teñan problemas na asignatura de Música que se imparte nos centros de ensino.

Da docencia, organización e funcionamento da Escola encargaránse os propios músicos da Banda Municipal. Antón Bao destacou que dos alumnos da Escola de Música sairá a “canteira” de novos músicos que irá engrosando e mellorando a Banda Municipal, polo que “coa posta en marcha da Escola Municipal de Música imos conseguir potenciar a Banda Municipal, unha das de máis historia e tradición de Galiza, creada en 1876 por Xoán Montes”, lembrou o responsable de Cultura.

As obras da Escola xa remataron
As obras de adecuación de espazos na primeira planta do Centro Social Uxío Novoneyra para acoller as distintas aulas da Escola de Música están xa rematadas. En total, a Escola Municipal de Música, que estará ubicada no Centro Social Uxío Novoneyra, onde xa ten o seu local de ensaio a Banda Municipal, ocupará 332 metros cadrados repartidos en 14 aulas. Ademais de 11 aulas de entre 6 e 12 metros cadrados para ensaios individualizados por cada un dos distintos instrumentos, haberá unha aula de ensaio para clases colectivas, de 62 metros cadrados de superficie, unha sala de informática para edición de partituras e unha sala de usos múltiples pensada para ensinanzas musicais que requiran movemento, acondicionada co chan acolchado e espellos nas paredes. Tamén formarán parte das dependencias da Escola de Música o actual local de ensaio da Banda Municipal, así como o salón de actos do Uxío Novoneyra, que acollerá concertos e actuacións.

Asuntos XGL
O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, dos asuntos aprobados pola mesma. Así, manifestou que a maioría son de índole urbanística e todas relacionadas con trámites de licenzas de obras.

Luis Álvarez informou dunha segunda multa coercitiva por importe de 3.000 euros aos propietarios dun inmoble na rúa Serra de Meira ao non levar a cabo as obras de mantemento e seguridade ordenadas polo servizo de arquitectura ante o mal estado do edificio. Neste sentido, Álvarez, manifestou que “estas multas son a única ferramenta que a día de hoxe temos nós como administración para intentar que os propietarios dos inmobles en mal estado se fagan cargo da súa conservación”.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a revisión de prezos e a súa actualización segundo o IPC para o contrato asinado coa empresa encargada da prestación do servizos de control de pombas na cidade, por un valor de 12.150 euros. Outro dos contratos actualizados segundo o IPC por valor de 683.266 euros é da empresa que leva a cabo as actividades de ensinanza deportiva e servizos complementarios nas escolas deportivas municipais. Tamén se actualizou o contrato correspondente coa empresa de servizo de atención ao público, coordinación e desenvolvemento de actividades socieducativas nos centros municipais da Casa das Linguas, que ten un valor de 89.171 euros. 
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova