Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz anuncia que xa se abriu o prazo para participar no XVIII certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo


# Luns, 15/10/2012
No certame establécense dúas categorías, unha de 12 a 14 anos e outra de 15 a 18 anos que poderán presentar os traballos ata o 20 de novembro

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou esta mañá a XVIII Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo que ten como obxecto contribuír a fomentar a creatividade literaria entre os escolares lucenses.

Esther Muñóz sinalou que “este é un dos certames con máis tradición e co que se busca que dende idades temperás se estimule a imaxinación e o fomento da lectura. É outra maneira de estimular o gusto pola literatura nos mozos e mozas”.

Os participantes terán que ser alumnos e alumnas de 12 a 18 anos de calquera centro público ou privado da provincia de Lugo. Os contos deberán estar escritos en lingua galega e a extensión non pode ser superior a dez páxinas. O tema será libre e pódense participar en dúas categorías de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos. Os traballos enviaranse sen remite e baixo lema e a categoría na que se participa.

Os contos serán enviados á Concellería de Educación no Centro Social Uxío Novoneyra ata o día 20 de novembro. Os premios serán:

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS
1º Diploma, lote de libros e premio valorado en 200 €.
2º Diploma, lote de libros e premio valorado en 100 €.
3º Diploma, lote de libros e premio valorado en 70 €.

CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS
1º Diploma, lote de libros, e premio valorado en 250 €.
2º Diploma, lote de libros, e premio valorado en 130 €.
3º Diploma, lote de libros, e premio valorado en 100 €.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova