Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora na a recollida de roupa e calzado usado que se converterán en comida para o pobo saharaui


# Luns, 15/10/2012
As persoas que queiran poden levar a roupa que non usen á Casa da Xuventude en horario de tarde de luns a venres

Imaxe Asociada

González Abelleira e Manuel Pacín animaron aos lucenses a participar a acoller nenos e nenas procedentes do Sahara nos meses de verán

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, e a presidenta en Lugo da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Manuela Pacín, presentaron unha nova campaña de axuda co pobo saharaui baixo o lema Xa non che serve ou xa non che gusta, entón dónaa, coa que se pretende que os lucenses doen roupa e calzado que non usen.

“Queremos presentar un novo programa para conseguir cubrir aquelas necesidades que teñen os pequenos que viven no Sáhara e que non poden ter acceso ao máis básico” segundo afirmou González Abelleira. Con esta campaña de recollida de roupa e calzado poderanse cambiar os quilos que se consigan para comida e elementos básicos que se destinaran aos campamentos saharauis. Todos os que queiran participar poderán levar a roupa, complementos ou zapatos que xa non se usen á Casa da Xuventude, onde se recollerá todas as tardes de luns a venres ata finais de novembro.

González Abelleira explicou que “unha vez máis o Concello de Lugo está colaborando con esta asociación, xa non só en campañas puntuais, senón tamén na campaña de Vacacións en Paz e para animar á xente que teña un pouco de tempo a acoller aos nenos do Sáhara durante os meses de verán”.

Pola súa parte, Manuela Pacin, explicou que con esta campaña “pretendemos recadar fondos suficientes para poder mercar comida e elementos básicos que se repartirán nos campamentos” e destacou que “por cada 15.000 quilos de roupa recollida conseguiremos 6.000 euros que permitirán mercar o necesario en Arxelia e levarllo co que se facilitarán un pouco as duras condicións de vida”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova