Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a segunda fase das obras de rehabilitación do Vello Cárcere


# Luns, 15/10/2012


O prazo de presentación de ofertas para a segunda fase das obras de rehabilitación do Vello Cárcere estará aberto ata o vindeiro día 29.

Esta é unha actuación incluída no proxecto Urban, que conta co 80% de cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O anuncio da licitación para a segunda fase das obras de rehabilitación da antiga cárcere do partido xudicial para acondicionala como Centro social e Cultural foi publicado o sábado no Boletín Oficial do Estado.

O presuposto base de licitación ten un importe total de 2.225.879 euros e o prazo de execución é de doce meses. 

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova