Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Abre un novo negocio na Praza municipal de Abastos


# Martes, 16/10/2012
O emprendedor que puxo en marcha Papecus, un posto adicado á comercialización de galletas artesanais, recibiu asesoramento do CEI-Nodus

Só no segundo trimestre deste ano, o Concello concedeu 25 axudas por importe superior a 100.000 euros a negocios do Casco histórico a través do Plan Urban

A relación de subvencións publícase hoxe no Boletín da Provincia


Un novo negocio vén de abrir ó público na Praza municipal de Abastos de Lugo. Desta volta trátase da empresa Papecus, un atractivo negocio no que se comercializan galletas artesanais e produtos de regalo feitos con este tipo de mercadorías.

A iniciativa partiu dun emprendedor lucense que puxo en marcha este novo posto na Praza de Abastos, para o que contou co asesoramento do Concello, a través do CEI-Nodus.

A creación desta nova iniciativa empresarial enmárcase na política de dinamización do pequeno comercio que está a desenvolver o Concello de Lugo tanto no que se refire ós postos instalados na Praza de Abastos e no Mercado municipal como nas distintas liñas de apoio económico ó pequeno comercio do Casco histórico da cidade, neste caso co apoio do Plan Urban, que cofinancian a Unión Europea, o Concello e a Deputación provincial

O Concello persigue con este traballo de promoción do pequeno comercio da cidade dous obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, trátase de axudar ós emprendedores a poñer en marcha as súas iniciativas empresariais e contribuír deste xeito á creación de postos de traballo en Lugo. E tamén se persigue garantir a vitalidade e, consecuentemente, manter o atractivo dos mercados municipais da nosa cidade, co fin de que a diversidade de produtos que se ofrecen nos distintos postos contribúan a facer aínda máis atractivos para os consumidores tanto a Praza de Abastos como o Mercado municipal.

Novas axudas do Plan Urban a 25 negocios

A implantación de novos negocios no Casco histórico e a mellora dos xa existentes é o obxectivo fundamental das liñas de subvencións que concede o Concello dentro do Plan Urban, que cofinancia nun 80% a Unión Europea e que conta, tamén, con achegas municipais e da Unión Europea.

No terceiro trimestre deste ano foron concedidas 25 subvencións a outros tantos negocios por un importe que supera os 106.000 euros. O maior importe, 57.583 euros, adicouse a axudas a dez emprendedores para a apertura de novos establecementos. Tamén foron concedidas subvencións por valor de 44.590 euros a 13 locais de hostalería dentro da liña adicada a mobiliario de terradas. Outra das axudas, que supera os 2.800 euros, é para o adecentamento de fachadas e unha máis, cun importe de 1.390 euros corresponde a liña de subvencións para rótulos e toldos de fachada.

O Boletín Oficial da Provincia publica este martes a relación das subvencións concedidas polo Plan Urban no terceiro trimestre de 2012.

www.lugo.es/urban

CEI-Nodus cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova