Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Movida Alternativa Xuvenil ofrece dende o 19 de outubro, todos os venres, clases de patinaxe e hochey liña para toda a familia


# Martes, 16/10/2012
Será en horario de 23:00 a 00:30 horas no pavillón Daniel Cordido e neles xa participaron máis de 1.400 persoas ao longo do ano

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañada do Secretario da Asociación de Hockey Lóstregos, Carlos Ouro, presentaron a nova actividade relacionada con este deporte que se vai realizar ao abeiro do programa de Movida Alternativa Xuvenil (MAX).

Así, dende este venres 19 de outubro, todos aqueles mozos e mozas e adultos que queiran aprender nocións de patinaxe ou hockey en liña poderán facelo todos os venres entre as 23:00 e as 00:30 horas no pavillón deportivo da Piringalla Daniel Cordido.

Carmen Basadre destacou que “se trata dunha actividade na que participan familias enteiras e nas que ademais de pasalo ben, se involucran non deporte”. Neste sentido explicou que esta actividade tivo unha gran acollida xa que “no que vai de ano participaron máis de 1.400 persoas”.

Pola súa parte, Carlos Ouro, informou que se poden achegar todas as persoas que o desexen e “se teñen patíns e proteccións mellor, xa que nós contamos con material da asociación pero en ocasións non é suficiente para atender a todas as persoas que se acheguen”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova