Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou as I Xornadas de Divulgación Histórica organizadas pola asociación de recreación Terra Copora


# Martes, 16/10/2012
Terán lugar os días 26, 27 e 28 de outubro nas instalacións do CEI-Nodus

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as I Xornadas de Divulgación Histórica Terra Copora que se celebrarán os próximos días 26, 27 e 28 de outubro de 2012. No acto, participaron José María Castro Neira e José Alberto Rodríguez Díaz, membros da asociación Terra Copora, que indicaron que a idea naceu do interese polos orixes da cidade e para estudar o contexto histórico-cultural da época romana.

Carmen Basadre destacou que “estas son as primeiras xornadas deste tipo dunha asociación que naceu ao carón do Arde Lucus e que vai a servir de axuda e dar a coñecer a historia da nosa cidade”. Neste sentido, tamén animou a todas as persoas que forman parte da recreación do Arde Lucus, como outras asociacións ou ANPAS dos colexios que se inscriban nas mesmas. Esta deberá facerse a través do web www.terracopora.org e é gratuíta.

Durante as xornadas celebraranse conferencias como as de Susana Hevia González e Angel Villa Valdés que falarán sobre o Castro de Chao Sanmartín en Asturias, e outra sobre o exército tardo romano e as súas características. Tamén Ricardo Cagigal Bolado presentará o seu libro Gladiator, luchar para vivir en un oficio peligroso, onde se explican a importancia das escolas de gladiadores.

Ademais das conferencias tamén se levarán a cabo exposicións fotográficas e diversas actividades como a creación dunha zona dedicada aos wargames e ao miniaturismo histórico ou a realización dunha acto de purificación do evento.


CEI-Nodus cei.lugo.es


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova