Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xa está aberto o prazo para solicitar axudas de rehabilitación de vivendas no centro histórico


# Mércores, 17/10/2012
Estas axudas que poden cubrir o 75% do total da reforma enmárcanse dentro da 13ª Fase do Plan de Rehabilitación da Área Integral do Casco Histórico de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello desestima o recurso presentado contra as novas condicións laborais do persoal da Escola Municipal de Música

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou esta mañá que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a rehabilitación de vivendas que se enmarca dentro da 13ª Fase de axudas para a Rehabilitación da Área Integral do Casco Histórico de Lugo.

O responsable de Urbanismo explicou que as axudas que se conceden poden chegar a cubrir o 75% do total de inversión da obra e que poden ser tanto para vivendas individuais como para edificios. Así, lembrou que se prevén un total de 85 actuacións distribuídas nos próximos anos e que contan cun orzamento total de 986.000 euros, Desta maneira, para o ano 2013 levaranse a cabo 17 actuacións de rehabilitación, no 2014 aumentan a 25 e, finalmente, no ano 2015 está previsto axudas para levar a cabo 43 actuacións.

Esta convocatoria obedece a un acordo asinado entre o Concello, o Ministerio de Vivenda, e a Xunta de Galicia dentro do Plan de Vivenda 2009-2012 que fomenta a rehabilitación de zonas históricas. O fin das mesmas é executar obras de recuperación de elementos comúns dos edificios así como adecuacións en materia de habitabilidade, salubridade, accesibilidade ou seguridade estrutural das vivendas.

Luis Álvarez manifestou a importancia que ten este tipo de actuacións para a rehabilitación do centro dando a coñecer que “no total das fases se tramitaron máis de 600 expedientes e se levaron a cabo 410 obras de rehabilitación en diferentes vivendas”. Nesta liña asegurou que presentan tres importantes beneficios, o primeiro deles é a rehabilitación do casco histórico de Lugo, outro dos beneficios é a axuda económica que isto supón para os veciños e veciñas que queren mellorar a súa vivenda. Tamén supón unha axuda moi importante para un sector moi castigado actualmente como é o da construción xa que desta maneira poden seguir mantendo os postos de traballo.

Os interesados dispoñen dun mes para solicitar as axudas que deberán presentalas nas oficinas de EVISLUSO, onde ademais poderán obter máis información.

Escola Municipal de Música

O Tenente Alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, informou do acordo de desestimación do recurso de reposición presentado por un sindicato contra o acordo 6/377, do 27 de xullo de 2012, no que se modificaba a relación de postos de traballo e as condicións laborais do empregados da banda municipal de música. O acordo de desestimación basease nunha serie de sentenzas de carácter xurídico e no que se ten en conta que a relación de postos de traballos é unha ferramenta técnica que permite a adecuación dos postos de traballo dos concellos e administracións ás necesidades de servizo e dos requisitos que se precisan para o seu desempeño.

Antón Bao explicou que a desestimación se ampara na lexislación vixente e preservando os dereitos dos traballadores públicos e que hai sentenzas que avalan este tipo de modificacións “de non ser así a administración pública quedaría permanentemente constreñida e non podería adaptar o persoal ás súas necesidades”.

O responsable da área de Cultura fixo fincapé en que “os cambios se fixeron coa aprobación unánime dos propios traballadores da banda municipal e así quedou asinado por eles” e lembrou que “a vontade dos traballadores era facer esta modificación para ampliar o seu horario e asumir o traballo que supón a posta en marcha da Escola Municipal de Música”. Bao lembrou que “esta era unha reivindicación histórica dos traballadores da Banda de Música e dos propios sindicatos”, unha cuestión que segundo Bao “asumimos dende o goberno municipal e que tamén o pleno municipal de xeito unánime”.

En referencia ao punto do recurso presentado no referente á ampliación de xornada, no que se aludía ao decreto que Bao cualificou como “decreto bomba ou arma letal” e que prohibe aumentar o acceso ao emprego público e limita a autonomía dos concellos. Do mesmo xeito, explicou que este decreto limita a creación de emprego público pero non impide que a administración retribúa o desempeño de funcións cando estas están debidamente xustificadas. Tamén lembrou que “a creación da Escola Municipal de Música está plenamente xustificada e súa posta en marcha amosouno claramente xa que máis de 400 persoas están matriculadas neste novo servizo público do concello”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova