Imprimir

MAÑÁ TERÁ LUGAR O V TROFEO SAN FROILÁN-RANKING GALEGO DE ESPADA


19/10/2012

Esta fin de semana terá lugar o V Torneo San Froilán-Ranking Galego de Espada, unha competición de carácter autonómica na categoría absoluta e na m-15 puntuable para o Ranking Galego de Espada Masculino e Feminino Absoluto.

Desta maneira, mañá día 20 de outubro no Complexo Deportivo de Frigsa dende as 10 da mañá máis de 30 deportistas loitarán por conseguir as primeiras prazas da clasificación. Este torneo está aberto á participación de calquera esgrimista nacional ou internacional con licencia federativa.

O Lugo Esgrima conta coa colaboración do Concello de Lugo e o Club Compostela Esgrima.