Imprimir

CARMEN BASADRE PARTICIPOU NOS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA O CANCRO DE MAMA ORGANIZADO POLA AECC E A DEPUTACIÓN


19/10/2012

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, asistiu esta tarde aos actos conmemorativos con motivo do Día Internacional de Loita contra o Cancro de Mama e que está organizado pola AECC e pola Deputación.

Os actos deron comezo ás 18:30 horas na praza de San Marcos, coa lectura dun manifesto, a través do cal se lembrou a importancia que ten a sensibilización fronte a esta enfermidade, así como concienciar á cidadanía sobre a transcendencia dos métodos de prevención e detección precoz xa que este son fundamentais para unha pronta diagnose.

Durante o acto iluminouse en cor rosa a fachada da Deputación de Lugo simbolizando a loita contra esta enfermidade ademais de permanecer na fachada cun gran lazo da mesma cor. Así mesmo, na praza de San Marcos estivo instalado todo o día unha mesa na que membros da AECC informaron sobre o labor que esta asociación leva a cabo dende hai máis de 50 anos, así como doutras cuestións de interese relativas a esta enfermidade.