Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ponse ó cobro o Imposto sobre Actividades Económicas


# Domingo, 21/10/2012
Aumenta o número de recibos exentos de tributar e a recadación prevista é de 1,7 millóns de euros

Mañá, luns, día 22 de outubro, comeza o prazo para o pago en voluntaria do Imposto sobre Actividades Económicas que se prolongará ata o día 20 de decembro, segundo informa a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos.

O número total de recibos é de 22.228. Deles só 1.479 están suxeitos a tributación. Os 20.749 restantes están exentos de tributar por tratarse de empresas que teñen unha facturación anual que é inferior a un millón de euros.

Respecto ó ano pasado, o número total de recibos pasou de 21.333 en 2011 a 22.228 neste exercicio e tamén aumentou o número de recibos que están exentos do pago deste imposto, que subiron de 19.846 no ano 2011 a 20.749 no 2012.

Por este motivo, o importe total dos recibos que se poñen ó cobro experimenta un lixeiro descenso. Será de 1.778.545,90 euros, 32.743,28 euros menos que no pasado ano.

O número de recibos suxeitos a tributación son oito menos que o ano 2011, pasaron de 1.487 a 1.479 no 2012. 
 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova