Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Cineclubs de toda Galiza, Portugal e Castela León reuniranse esta fin de semana en Lugo para debater sobre a caída de espectadores


# Martes, 23/10/2012
O encontro completarase cunha pequena maratón cinematográfica durante o sábado e o domingo que incluirá a proxección de 4 películas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, anuncia a intención do Concello de programar cine non comercial no Auditorio municipal Gustavo Freire

Cineclubs chegados de toda Galiza, do norte de Portugal e de Castela e León participarán esta fin de semana en Lugo nun encontro no que se analizará a actual caída de espectadores do cine convencional. O encontro servirá tamén para que o público de Lugo poida desfrutar da proxección de catro películas.

O encontro foi presentado esta mañá no Concello polo tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, e pola presidenta do Club Cultural Valle Inclán, Tonina Gay. Antón Bao destacou o interese do Concello de Lugo por incluír cinema non comercial na súa programación cultural e anunciou que o Auditorio Gustavo Freire contará con cinema dentro da súa programación a partir do vindeiro mes de novembro.
 
Tonina Gay, pola súa banda, destacou que “nos últimos 3 anos o número de espectadores do cine convencional reduciuse á metade” e dixo que “hai que analizar por que e iso é o que imos facer esta fin de semana en Lugo representantes de cineclubs de toda Galicia”. A presidenta do Cineclub Valle Inclán indicou que “os cineclubs non lle facemos a competencia ás salas comerciais, senón que as complementamos”, dixo.

Presentación de dous documentais

O encontro de cineclubs complétase coa proxección de catro películas, dúas delas dous documentais. O sábado pola mañá, ás 11:30 horas, estrearase Entre Paradas, un documental producido por Jorge Coira sobre as dificultades de mobilidade nunha cidade, e proxectarase a continuación, ás 12:45 horas, o documental A última viaxe do afiador, de Aitor Rei.

Na tarde do sábado, ás 18:00 horas, poderá verse o filme Cineastas contra magnates, do director catalán Carlos Benpar, que acudirá expresamente a Lugo dende Barcelona para poder ter ao remate da proxección un debate co público asistente. Por último, o domingo ás 17:00 horas poderá verse a película Irmáns de Sangue, de Armo Dierickx, premio Carlos Velo ao mellor director no Festival de Cinema de Ourense no ano 2009. Todas as proxeccións serán no salón de actos da Deputación e a entrada será libre e de balde.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova