Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presenta as actividades de prevención e asesoramento para os mozos e mozas de Lugo


# Martes, 23/10/2012
Os días 2 e 3 de novembro terá lugar na Casa da Xuventude un taller de corresponsabilidade en colaboración co xinmansio Argos-Astur 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Dende o 1 de novembro estará a disposición de adolescentes e pais as Asesorías Xuvenís con novos horarios no Centro Social Uxionovoneyra

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as novas actividades relacionadas coa prevención tanto de drogodependecias como de violencia de xénero que se van levar a cabo nos centros educativos da cidade e presentou un balance do curso pasado.

Carmen Basadre explicou que “o obxectivo do Concello é promover unha sociedade máis igualitaria pero, sobre todo, que sexan conscientes das problemáticas que se presentan actualmente, que saiban facerlles fronte e que te dispoñan de toda a información e formación posible para elo”.

Taller de Corresponsabilidade
Outra das actividades presentadas é o Taller de corresponsabilidade dirixido a homes e mulleres que se vai a celebrar os días 2 e 3 de novembro en horario de 18:00 a 21:30 horas na Casa da Xuventude. Para poder participar hai que inscribirse a través do correo electrónico iuventaarrobalugo.eu ou a través do 010 ata o 31 de outubro. Na actividade vai participar o ximnasio Argos-Astur que realizarán unha demostración de defensa persoal. Nestas xornadas, ademais de charlas informativas, os homes aprenderán a levar a cabo as tarefas domésticas básicas, e as mulleres coñecerán información sobre bricolaxe no fogar.

Asesoramento
Carmen Basadre tamén anunciou que dende o próximo 1 de novembro están abertas as Asesorías Xuvenís con novos horarios e que se atopan no Centro Social Uxio Novoneyra. Esta oficina que durante o curso 2011-2012 atendeu a preto de 200 mozos e mozas, modifica o seu horario para dar cabida as demandas que se presentan anualmente. Así, os que teñan algunha dúbida a nivel legao poden pasar pola asesoría xurídica os luns e mércores en horario de 19:30 a 21:00 horas. A asesoría afectivo-sexual pasa a ser o primeiro venres de cada mes en horario de 18:00 a 21:00 horas, neste caso redúcense o número de días xa que se aumentan o número de talleres sobre afectividade e sexualidade en todos os centros educativos da cidade. Por último, a asesoría psicolóxica, ante a alta demanda, aumenta as horas de atención e pasará a ser os días martes e xoves de 18:00 a 21:00 horas.

En todo caso, aqueles mozos e mozas que teñan algunha dúbida tamén poden enviar un correo electrónico asesoria.xuventudearrobalugo.eu .

Talleres Preventivos
Os obradoiros e talleres teñen como obxectivo a prevención, información e formación a través de programas de intervención socioeducativa a travñes de ferramentas que fomentan valores como a igualdade, a non violencia ou o consumo de sustancias tóxicas. Dentro destes obxectivos están enmarcados os programas PreviLugo e os Talleres de Prevención de Drogodependencias.

PreviLugo
Está dirixido ao alumnado de ESO e BAC e divídense en diferentes talleres cunha duración de entre catro e seis horas. Os talleres que se ofrecen aos centros educativos para este curso son: educación afectivo-sexual, técnicas de estudo, resolución de conflictos, habilidades sociais e orientación laboral. Como novidade para este curso, tamén se van levar a cabo sesións de cine formativo cun debate posterior para tratar temas como as redes sociais, a igualdade, o acoso ou os problemas alimenticios.
Nesta actividade participaron máis de 1.600 alumnos de 8 institutos diferentes nos que se levaron a cabo 23 talleres en grupos.

Obradoiros de Prevención en Drogodependencia
A responsable da área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude explicou que este programa é moi importante para coñecer e poder aclarar as crenzas e actitudes do alumnado en educacion primaria e secundaria sobre as drogas e o seu consumo. Tamén se realizan talleres para pais e nais que teñen como obxectivo a sensibilización sobre o papel dos educadores de cara a prevención das drogas. Basadre destacou que no curso pasado “se levaron a cabo en 16 centros educativos e atendéronse a 90 familias nos diferentes talleres”. 

www.lugo.es/prevenciondrogas   www.lugo.es/ws/casadamuller

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova