Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de taxas e impostos que non subirán para o ano 2013


# Mércores, 24/10/2012
O Concello de Lugo convoca a 15 edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2012

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Tenente de Alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informaron esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local que se celebra todos os mércores.

Luis Álvarez destacou dentro dos asuntos urbanísticos, a desestimación da petición formulada para a modificación do edificio que se vai a destinar para centro comercial na zona da Abella. Esta decisión foi adoptada despois de que os técnicos municipais comprobasen que no proxecto técnico había erros e que non se axusta á normativa vixente para estes espazos.

Tamén se acordou autorizar a realización de servizos extraordinarios ao persoal adscrito ao servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento e o servizo de Actas, para a certificación da información solicitada polo Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo e así poder dar cumprimento á orde xudicial. Neste sentido, Álvarez, explicou que “o Concello sempre está disposto á colaborar coa Xustiza como se dixo en reiteradas ocasións facilitando a información que solicitan”.

O responsable de urbanismo tamén se referiu a que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto das ordenanzas fiscais para o ano 2013 que, como xa se anunciou, non subirán polo que se conxela a carga impositiva ós contribuíntes mantendo as bonificacións que damos a familias numerosas, a vehículos ecolóxicos, obras de rehabilitación e incentivos para a creación de emprego. Tamén se aprobou a creación dunha nova taxa pola prestación de servizos e utilización da galería de tiro na sede da Policía Local e que establece unha cota tributaria de 4,29 euros prezo por hora e persoa para membros dos corpos de seguridade que non pertencen ao cadro de persoal do Concello.

Premio Literario Ánxel Fole
O Concello de Lugo convoca a 15 edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2012, co obxectivo de fomentar a creatividade e a produción literaria en lingua galega. O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, deu a coñecer esta mañá as características deste certame, que está dotado con 3.000 euros en premios.

As bases da edición deste ano do Certame de Narración Curta Ánxel Fole 2012, que cumpre a edición número 15, aprobaranse esta semana e os traballos poderán presentarse ata final de ano. Como na edición anterior, poderán presentarse traballos en lingua galega dunha extensión máxima de 20 folios (36.000 caracteres). Os orixinais deberán presentarse en papel ou en formato dixital e baixo un pseudónimo que non identifique ao autor ou autora, na Concellería de Cultura. O prazo de entrega dos traballos remata o 31 de decembro.

Os relatos deberán ser orixinais e inéditos e o tema dos traballos será libre. Cada autor ou autora poderá presentar como máximo dous relatos. O Ánxel Fole esta dotado este ano con tres premios, de 1.500, 1.000 e 500 euros, segundo deu a coñecer esta mañá Antón Bao.

O responsable de Cultura do Concello destacou que “o Ánxel Fole é un premio xa consolidado” e afirmou que “seguir fomentando a creatividade e a produción literaria na nosa lingua é unha obriga para todo Goberno responsable e a convocatoria deste certame vai nese camiño”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova