A Concellería de Infraestruturas destina 65.000 euros á renovación do pavimento da rúa dos Clérigos
# Mércores, 24/10/2012
O firme de adoquín atópase deteriorado polo tránsito excesivo de vehículos
A obra foi adxudicada hoxe á empresa Espina e prazo de execución é de 30 días
A Concellería de Infraestruturas acometerá obras de renovación do pavimento na rúa dos Clérigos. A obra foi adxudicada esta mañá en Mesa de Contratación á empresa Espina Obras Hidráulicas S.A. por un importe de 65.537 euros.
O proxecto prevé a substitución do actual pavimento de adoquín por unha solución mixta de adoquín e granito, que será colocado naquelas zonas de máis tránsito rodado. Esta rúa do casco histórico presenta nestes momentos zonas moi deterioradas, co adoquín levantado, polo excesivo tránsito de vehículos.
A obra saíu a licitación cun orzamento inicial de 74.559 euros, que serán financiados cos fondos destinados á rehabilitación do casco histórico segundo o convenio asinado entre Concello, Xunta e Goberno central. O prazo de execución da obra é de trinta días.
Coñeza as
obras en marcha.
Compartir: