Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo programa teatro infantil, maxia e circo os domingos no Auditorio Municipal Gustavo Freire


# Xoves, 25/10/2012
Unha hora antes de cada función haberá tamén obradoiros para os máis pequenos

O tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, di que pouco a pouco estase logrando encher de contido o Auditorio Municipal para que teña actividades de todo tipo e para todos os públicos


O Concello de Lugo pon en marcha a súa programación infantil no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Todos os domingos haberá espectáculos de distinto tipo destinados aos máis pequenos, como maxia, circo ou teatro infantil. O tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, presentou esta mañá esta programación, que inclúe outra novidade: todos os días unha hora antes de cada espectáculo haberá un obradoiro para nenos e nenas acorde á temática da obra.

A programación infantil no Auditorio iníciase este mesmo domingo cun espectáculo de novo circo infantil, a cargo da compañía Circo Chosco. Todas as funcións son no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 18:30 horas e unha hora antes, a partir das 5 e media da tarde, terán lugar os obradoiros. O prezo da entrada é de 3 €, que se poderá adquirir 1 hora antes do comenzo do espectáculo no propio Auditorio. Este ciclo conta coa colaboración do AGADIC.

A programación infantil no auditorio Gustavo Freire para o que queda de 2012 é a seguinte:

28-10-2012 Circo Chosco - Chosco Voando! (novo circo)
31-10-2012 Martín Camiña Serén - Momentos de asombro (maxia)
04-11-2012 Manuel Lago García - Manualidades (novo circo)
11-11-2012 Caramuxo Teatro - Ñam (obra teatral para bebés)
25-11-2012 Barafunda - Maxia Branca (maxia)
02-12-2012 Asacocirco - O ladrón de paxaros (novo circo)
16-12-2012 Mamá Cabra - Xa me tardan estes magos (espectáculo de música infantil)
 
Obradoiros de teatro infantil

Outra das novidades, que explicou Antón Bao, é que todos os días que se programe un evento destinado ao público infantil, celebrarase un obradoiro de teatro infantil. A temática será adaptada ao tema do evento (a música, maxia, teatro, etc). A duración desta actividade será de unha hora, antes do comenzo da obra. Estas actividades estarán realizadas por monitores profesionais da empresa Alenti que é a actual concesionaria dos servizos de dotación técnica do auditorio Gustavo Freire. A actividade realizarase no vestíbulo do proprio auditorio.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova