Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa na organización dun curso de "coaching" para desempregados


# Xoves, 25/10/2012
As xornadas celébranse o 31 de outubro dirixido a persoas sen emprego e o día 13 de novembro á executivos e empresarios no CEI-Nodus

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, xunto coa Presidenta da Escola Europea de Líderes, Yolanda Villar, a Secretaria da UNED Lugo, Ana Belén Traseiras, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Beatriz Varela, presentaron unhas xornadas de “coaching” para desempregados e para executivos. Trátase dunha actividade gratuíta que se levará a cabo nas instalacións do CEI-Nodus e no que se desenvolverán técnicas pioneiras para o desenvolvemento curricular e persoal.

Sonia Méndez destacou que “dende o Concello sempre apoiamos a formación como medio máis útil para mellorar a empregabilidade e tamén a competitividade das empresas, así poñemos a disposición as nosas instalacións para que se desenvolven estas actividades”. Ademais incidiu en que se debe facilitar unha formación de calidade para conseguir ter unhas empresas máis competitivas e innovadoras.

As xornadas comezan o mércores 31 de outubro co curso-adestramento Generar oportunidades dirixidos a persoas desempregadas en horario de 16:00 a 19:00 horas. Traballarase no desenvolvemento dunha marca persoal co obxectivo de buscar emprego pero dende un punto de vista diferenciador e buscando os valores de cada unha das persoas, a través do desenvolvemento de talentos ou plans de accións.

Por outra banda, o martes 13 de novembro terá lugar a última das xornadas baixo o nome de Curso Introdutorio ao Coaching Executivo, neste caso dirixido a directivos, empresarios, xerentes, ou profesionais que están traballando nun entorno directivo e queiran adestrar as súas habilidades como líderes. Entre as 17:00 e as 20:00 horas no CEI-Nodus, coñecerán as posibilidades do coaching executivo como ferramenta ao servizos do desenvolvemento dos profesionais e organizadores.

En ambos casos, a inscrición é gratuíta e pódense realizar dende hoxe a través do correo electrónico empresariaslugoarrobagmail.com ou dos teléfonos 982.226.991 e 982.297.361.

CEI-Nodus cei.lugo.es



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova