Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 200 especies distintas de cogomelos poderán verse o vindeiro domingo en Lugo na undécima edición da mostra organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus


# Venres, 26/10/2012


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, e o presidente da Sociedade Micolóxica, Julián Alonso, presentaron esta mañá esta exposición, que terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante todo o día

Bao mostrouse partidario dunha regulación específica a nivel municipal que delimite claramente os lugares onde se poden recoller cogomelos e as especies permitidas

Máis de 200 especies distintas de cogomelos poderán verse o vindeiro domingo, 4 de novembro, na XI Exposición de Cogomelos organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante todo o día, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:00 horas. O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, e o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, presentaron esta mañá a actividade e destacaron as posibilidades do territorio de Lugo no eido da micoloxía.

Aínda que as condicións climatolóxicas deste ano fan que aínda estean a abrollar os cogomelos, Julián Alonso explicou que agardan superar as 200 especies distintas expostas. Cada exemplar acompáñase dunha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade. Julián Alonso destacou que a Exposición de Cogomelos, que este ano chega á súa 11 edición, é unha das actividades centrais da Asociación, que conta con preto de 250 membros, ao longo do ano, pois cumpre cos obxectivos da “promoción e divulgación deste recurso forestal que é a micoloxía tanto dende o aspecto económico, culinario e ecolóxico”.

O tenente alcalde, Antón Bao, destacou pola súa banda as posibilidades de Lugo dentro da micoloxía e destacou que os cogomelos, como produto agroforestal, ten un valor económico importante e avogou por “sacarlle rendemento” como complemento ás actividades agrarias e forestais. “O territorio rural e forestal de Lugo é propicio para os cogomelos e temos que sacarlle moito máis partido a isto dende o punto de vista económico, como fan noutros lugares”, defendeu Bao, que lembrou que o Concello de Lugo conta cunha extensa superficie rural, con 54 parroquias, e que a metade da superficie do municipio de Lugo é superficie forestal. Por iso, mostrouse partidario de que se establezan acordos de colaboración con comunidades de montes, por exemplo, moi abundantes en Lugo, para aproveitar esta riqueza.

Regulamentación específica

Nos últimos anos a afección á recollida de cogomelos aumentou notablemente, polo que as asociacións micolóxicas están a reclamar regulacións específicas para evitar a esquilmación deste recurso e ao mesmo tempo que cheguen ao consumidor cogomelos perigosos dende o punto de vista da súa toxicidade. Concellos como o ourensán de Rairiz de Veiga, xa dispoñen dunha regulación municipal sobre estas actividades, onde se delimita en que lugares se poden recoller os cogomelos e que especies se poden recoller.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova