Imprimir

LÓPEZ OROZCO INAUGUROU O COLOQUIO INTERNACIONAL FRADITRAD QUE POR PRIMEIRA VEZ SE CELEBRA EN LUGO


29/10/2012 O Alcalde de Lugo destacou a necesidade de “volver a recuperar a importancia dos estudos humanísticos para lograr unha saída da crise económica”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na inauguración do Coloquio Internacional Fraditrad Fraseología, Didáctica de las lenguas y Traducción que se celebra ata o mércores 31 na Facultade de Ciencias da Humanidade de Lugo.

Esta é a primeira vez que se celebra unha xuntanza destas características en Lugo, xa que está totalmente adicado á Fraseoloxía e as súas aplicacións na ensinanza das linguas e na que participan investigadores de diferentes países como son Alemaña, Italia, Hungría, Grecia, Rumanía ou Brasil.

López Orozco destacou que esta “é unha oportunidade para a cidade e para o noso campus que se celebre esta reunión aquí xa que é primordial que as universidades sexan quen encauce os seus esforzos en investigación, desenvolvemento e calidade, sen caer no pesimismo, para saír adiante desta crise económica”. Neste sentido tamén se referiu a que hai que seguir explotando o coñecemento “xa que é unha materia prima que nunca se vai agotar “.

No acto inaugural tamén estiveron o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, a Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, a Directora do Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana da USC, Laurence Malingret, a Directora do Departamento de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid, Julia Sevilla Muñóz e a organizadora e Decana da Facultade e Humanidades en Lugo, Mª Isabel González Rey. Na organización deste Congreso están implicadas catro universidades, a de Santiago de Compostela, a Complutense de Madrid, a Universidade de Murcia e a de Alicante.