Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns 5 de novembro ábrese o prazo para solicitar praza nas actividades socioculturais do primeiro semestre de 2013


# Martes, 30/10/2012
Carmen Basadre destacou que se levarán a cabo 125 actividades que abranguen dende os nenos e nenas aos maiores de 65 anos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá o programa de actividades socioculturais para o primeiro semestre do 2013. O prazo de inscrición abrirase entre o luns 5 e o venres 9 de novembro en horario de 09:00 a 13:00 nos propios centros sociais. Os solicitantes deberán estar empadroados na cidade e as cotas oscilan entre a gratuidade e os 15,99 euros máximo.

Carmen Basadre explicou que “presentamos un programa variado no que teñan cabida todas e todos nos distintos obradoiros, cun cometido irrenunciable que é a dinamización, as relacións humanas, axudar á formación e ao coñecemento das linguas, promovendo o coñecemento das habilidades básicas necesarias para o desenvolvemento cotiá.”

O programa de actividades presenta este ano un total de 125 obradoiros dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas maiores de 65 anos, entre os que destacan os cursos de adestramento de memoria, taichi, pilates, bailes de salón, risoterapia, ou cursos de español para estranxeiros. As actividades agrúpanse en diferentes áreas que buscan desenvolver e aprender novas habilidades dos lucenses. Os máis cativos tamén poden escoller entre máis de 20 actividades distribuídas en diferentes áreas de actuación e nos que tamén poden atopar apoio escolar, baile ou introdución aos contos.

As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebra o día 19 de novembro en cada un dos centros de convivencia municipal co seguinte horario:

- Centro de convivencia Fingoi: ás 09:00 horas
- Centro de convivencia Maruja Mallo: ás 09:45 horas
- Centro de convivencia Sagrado Corazón: ás 10.30 horas
- Centro de convivencia Milagrosa: ás 11:15 horas
- Centro de convivencia María Balteira: ás 12.15 horas
- Centro de convivencia Lamas de Prado: ás 13:00 horas
- Centro de convivencia Uxío Novoneyra: ás 13.45 horas

As persoas que obteñan praza nalgún dos obradoiros deberán efectuar o ingreso da cota entre os días 19 e 23 de novembro.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova