Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe un novo recoñecemento da Comisión Europea pola xestión do Plan Urban


# Martes, 30/10/2012
A Concelleira de Economía tamén informou da abstención do grupo municipal do Partido Popular na aprobación da conxelación das ordenanzas fiscais

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou esta mañá dos asuntos tratados na Comisión Informativa de Contas previa ao pleno que se celebra cada mes e na que se deu conta dun novo recoñecemento á xestión do Plan Urban.

Desta maneira, o Plan Urban de Lugo obtén un novo recoñecemento por parte da Comisión Europea e que se suma aos da Academia de Belas Artes, o Premio Internacional de Guayaquil (Ecuador) ou o recentemente concedido pola Secretaría Xeral de Comercio do Goberno de España polas actividades desenvoltas en prol do comercio.

Sonia Méndez manifestou que “unha vez máis se obtén un novo recoñecementos internacional dun proxecto xestionado polo Concello que pon de manifesto as boas prácticas que se levan a cabo na cidade e que seremos exemplo para outras”. A Comisión Europea seleccionou un total de 10 proxectos Urban en toda Europa, entre os que se atopa o de Lugo, para tomar como exemplo de cara o deseño da futura convocatoria de Fondos Feder 2014-2020.

www.lugo.es/urban


Ordenanzas Fiscais
A responsable da área de Economía tamén informou que se acordou elevar ao pleno o proxecto de ordenanzas fiscais para o 2013 e que, como xa se anunciou, o goberno municipal propón conxelar todos os impostos, taxas e prezos públicos. Neste sentido, Sonia Méndez manifestou sentirse sorprendida xa que o Partido Popular non apoiou este proxecto, “precisamente o partido que incrementou o IRPF, o IVE e o canon da auga, hoxe non apoia que o Concello de Lugo conxele as taxas e impostos para o ano 2013”. A Concelleira incidiu en que “con esta abstención consideramos que fan deixación de funcións xa que non son capaces de dar unha explicación da súa postura na Comisión que é onde se deben debater estes asuntos”.

Parque empresarial As Gándaras
Tamén se vai levar a pleno unha nova solicitude de declaración de interese público municipal co fin de obter unha a bonificación do 50% sobre o Imposto de Construcións para a instalación dunha nova empresa no Parque empresarial de As Gándaras. Esta bonificación fiscal creouse o ano pasado para favorecer a instalación de novas empresas neste parque empresarial e con elo a creación de novos postos de traballo.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova