Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo deulles a benvida aos 32 participantes dos talleres formativos Muralla Dixital


# Venres, 02/11/2012
López Orozco sinalou o enorme esforzo que o Concello tivo que facer para conseguir o financiamento necesario para realización destes obradoiros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Destacou a confianza que a Unión Europea deposita no Concello de Lugo e na óptima xestións que realiza dos fondos europeos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participaron no acto de benvida aos 32 seleccionados para os talleres formativos do programa Muralla Dixital. Dixitalización do Patrimonio Histórico-Arqueolóxico lucense a través das TIC´S.

O Concello de Lugo con esta iniciativa leva a cabo un programa de formación coa realización dunha serie de talleres especializados na dixitalización do patrimonio histórico-arqueolóxico da cidade de Lugo empregando as novas tecnoloxías da información e da comunicación. Estes obradoiros estaban dirixidos a licenciados e técnicos superiores de formación profesional de entre 18 e 35 anos en situación de desemprego.

López Orozco destacou que os principais obxectivos son o fomento da especialización no sector das novas tecnoloxías aplicadas á documentación, rexistro e difusión do patrimonio histórico-arqueolóxico, “co que se aumentan as posibilidades de inserción laboral e adquirindo novas habilidades”. Tamén se trata de impulsar o coñecemento do patrimonio da cidade a través das novas tecnoloxías da información.

Neste proxecto o Concello de Lugo participa cun presuposto total de 736.000 euros, dos que un 80% son con Fondos FEDER e un 20% con fondos propios. O presuposto total do proxecto é de 1.883.800 euros, dos que 1.412.000 son aportados pola Unión Europea. Neste sentido, o Alcalde de Lugo resaltou a dificultade que tivo o administración local para conseguir estes fondos para formación pero destacou que “as administracións europeas confían en nós e coñecen a nosa xestión e a preocupación por levar a cabo actividades de formación, polo que, despois de moito esforzo podemos presentar estes obradoiros”.

En total, son catro talleres que terán unha duración de cinco meses e que contarán cunha beca de 865 euros brutos mensuais e a alta na seguridade social.
Os obradoiros son:
- Dixitalización do patrimonio documental lucense.
- Dixitalización 3D do patrimonio histórico-arqueolóxico lucense.
- Fotografía dixital panorámica 360º do patrimonio histórico-arqueolóxico lucense.
- Modelado e animación 3D do patrimonio histórico-arqueolóxico lucense.

O proxecto Muralla Dixital é un proxecto europeo cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través dos Fondos FEDER no marco da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteririza España-Portugal 2007-2013, que ten como obxectivo a creación dunha rede de cidades amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que aposten pola xestión conxunta da valorización do seu patrimonio. Os socios que forman este proxecto son o Concello de Lugo (beneficiario principal), Universidade de Santiago de Compostela, Ineo (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías de Información e Comunicación), Centro de Computaçao Gráfica Azurém, Câmara Municipal de Valença, Câmara Municipal de Monçao e Câmara Municipal de Melgaço.

www.muralladigital.eu

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova