Imprimir

UN ANO MÁIS A CORPORACIÓN MUNICIPAL REALIZOU A TRADICIONAL OFRENDA FLORAL NO CEMITERIO MUNICIPAL


2/11/2012 O martes 6 de novembro celebrarase o Concerto da Lembranza no que todos os que queiran participar poden facelo coa lectura de poesías ou adicando cancións

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral con motivo do día de Defuntos, e que tivo lugar as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.

O acto de homenaxe e lembranza aos defuntos contou coa actuación de varias pezas de música clásica da Banda Municipal de Música.

Dende a Concellería de Servizos Xerais organizaron unha serie de actos con motivo da celebración do Día de Santos. Así, unha das actividades previstas será a realización do Concerto da Lembranza adicado á lembranza dos seres queridos, cuxos restos repousan no recinto. Para iso convídase a todas as persoas que queiran participar no acto, mediante a lectura dun texto, dun poema ou sinxelamente dunha dedicatoria do repertorio que a coral interpretará. Para participar só haberá que chamar ao 010 onde a persoa interesada indicará se opta por asistir ao acto e ler un texto ou poema na honra do seu familiar ou persoa achegada ou se prefire dedicarlle unha das pezas do concerto. O acto celebrarase na capela do cemiterio o martes 6 de novembro ás 18:00 horas e iniciarase coa lectura das dedicatorias de lectura de texto ou poemas, para continuar coas dedicatorias do concerto e coa interpretación do propio concerto pola coral Lugh. Finalizarase coa entrega de premios do Concurso floral.

Conferencia
Na mesma liña que en edicións anteriores, tamén se vai levar a cabo unha conferencia baixo o título MOITO POR VIVIR, que será impartida por Rosa Zas, psicóloga da Asociación española contra o cancro. Terá lugar o día 29 de novembro ás 19.30 horas no Salón da Casa do Saber, no Vicerreitorado situado na Praza Pío XII (fronte á catedral).

cemiterio.lugo.es