Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O auditorio municipal Gustavo Freire acollerá o venres 9 de novembro o musical 'La Fuerza del Destino', que rende tributo a Mecano


# Mércores, 31/10/2012
Trátase dun espectáculo de grande formato con 5 músicos, 3 cantantes e 8 bailaríns que recolle máis de 20 cancións de Mecano en directo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, destaca o “impulso dado ao Auditorio Municipal para que acolla a compañías en xira”


O auditorio municipal Gustavo Freire acollerá o venres 9 de novembro o musical La Fuerza del Destino, que rende homenaxe a Mecano. Esta actuación foi presentada hoxe polo tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, o promotor do evento, Carlos Díaz, e varios membros do elenco de artistas que forman parte do espectáculo. Será ás 21:00 horas e as entradas xa poden adquirirse a través da web www.entradas.com ao prezo de 18 euros.

Antón Bao destacou que actuacións coma esta, unha das máis importantes en xira neste momento no Estado español, “consolidan o auditorio Gustavo Freire como espazo para acoller espectáculos de primeiro nivel que se atopan en xira”. “O obxectivo é -dixo Bao- atraer a Lugo estas montaxes para que os lugueses e luguesas poidan ver estas actuacións na nosa cidade, algo que antes non acontecía”. O responsable de Cultura destacou, neste sentido, o incremento logrado no nivel de ocupación do auditorio municipal, que ten xa ocupados ata final de ano as datas de practicamente todas as fins de semana con actuacións de distinto tipo.

O tenente alcalde puxo como exemplo do incremento da oferta esta ponte do 1 de novembro, no que o auditorio acollerá unha actuación de maxia (hoxe pola noite a cargo de Martín Camiña), dúas obras de teatro (unha o venres -Brokers, da compañía La Illana- e outra o sábado -A herdanza da tía Constanza, de Nova Escena Teatro-) e un espectáculo de circo infantil (o domingo 4 ás 18:30 horas).
 
‘La Fuerza del Destino’


O musical La Fuerza del Destino chegará a Lugo o día 9 despois de ter colleitado máis de 25.000 espectadores en todo o Estado español. Rende tributo a Mecano, un dos grupos de referencia do panorama musical español das últimas décadas. Trátase dun espectáculo de grande formato para todos os públicos, segundo explicou hoxe na rolda de prensa de presentación Carlos Díaz, promotor e xefe de produción do musical.

En Lugo este musical, que leva 2 anos de xira, estreará nova posta en escena, obra de Hansel Cereza, fundador de La Fura dels Baus e creador da última produción do Circo du Soleil. Esta nova posta en escena recorre as cancións de Mecano empregando como fío condutor unha viaxe en metro, un escenario urbano moi vinculado á movida madrileña dos anos 80 na que xurdiu Mecano.

Edu Morlands, un dos cantantes do musical explicou que a montaxe conta con 5 músicos, 3 cantantes e 8 bailaríns sobre o escenario. A música é totalmente en directo e inclúe máis de 20 temas de Mecano e todos os seus grandes éxitos como Hoy no me puedo levantar, Cruz de navajas, Mujer contra mujer ou Una rosa.

PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA A PONTE DO 1 DE NOVEMBRO

Data: Mércores, 31 de outubro 2012
Actividade: Maxia
Título da obra: Momentos de asombro
Compañía: Martín Camiña
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Hora: 18:30 (as entradas poderanse adquirir na billeteira do propio auditorio unha hora antes da función)
Prezo da entrada: 3 € (entrada única)
Organiza: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo - AGADIC

Data: Venres, 2 de novembro de 2012
Actividade: Teatro
Título da obra: Brokers
Compañía: La Illana
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Hora: 20:30 (as entradas poderanse adquirir na billeteira do propio auditorio unha hora antes da función)
Prezo da entrada: 17 € (zonas A e B) e 15 € (zona C)
Promove: Makasir Productions S.L.
Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua

Data: Sábado 3 de novembro
Actividade: SAMAIN
Lugar: Praza do Campo do Castelo
Programa de actos:
-Tarde a partir das 17:30. Samaín dos nenos
Baleirado de cabazas
Exposición sobre "Guerreiros Galaicos"
Coloreado e recortado de cabazas e figuras
Pintado de facianas con pictos galaicos
Globoflexia (con Globeando)
Xogos Galaicos
Cabezudos Malux e Péximux
Merenda do Samaín: Gran Chocolatada gratuíta, ás 18.00
-Noite a partir das 21:00
Conxuro e queimada, ás 21:00
Desfile de pequenas ánimas pola muralla, ás 21:15
Conxuro e queimada, segunda quenda, ás 22:30
Desfile de fachos pola muralla e Praza do Campo Castelo
Amenizado polo grupo de gaitas e percusión de Trebas Galaicas
Organiza: Asociación Trebas Galaicas
Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua

Data: Sábado, 3 de novembro de 2012
Actividade: Teatro
Título da obra: A herdanza da tía Constanza
Compañía: Nova Escena Teatro
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Hora: 20:00 (as entradas poderanse adquirir na billeteira do propio auditorio unha hora antes da función)
Prezo da entrada: 2 € (entrada única)
Promove: FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)
Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua - AGADIC

Data: Domingo, 4 de novembro de 2012
Actividade: Novo Circo
Título da obra: Manualidades
Compañía: Manuel Lago García
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Hora: 18:30 (as entradas poderanse adquirir na billeteira do propio auditorio unha hora antes da función)
Prezo da entrada: 3 € (entrada única)
Organiza: Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua - AGADIC

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova