Imprimir

CARMEN BASADRE PRESENTA UNHA ACTIVIDADE DE YARN BOMBING CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E NAS QUE SE "VESTIRÁ" A PRAZA MAIOR


5/11/2012 A Concelleira anunciou que todas aquelas persoas que queiran participar poden achegarse ao Centro Convivencia Uxio Novoneyra dende mañá ás 17:00 horas 

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e Isabel Carril, dona da tenda online e blog La habitación de atrás, achegan o nova moda urbana coñecida como o yarn bombing a Lugo por unha boa causa, a loita contra a violencia de xénero.

Carmen Basadre salientou que “con esta iniciativa preténdese a implicación de moitas persoas da cidade, tanto homes como mulleres, en solidaridade contra a violencia de xénero e a reivindicación da calceta como unha actividade moderna”. Desta maneira, coas pezas que se elaboren esta semana cubriránse o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tanto as árbores como as esculturas da Praza Maior.

As actividades vanse a desenvolver no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra o martes e o mércore dende as 17:00 horas, o xoves dende as 10:30 e as 17:00 horas, e o venres en horario só de mañá dende as 10:30 horas. A única condición que se pide é que as cores da lá sexan dentro da gama dos morados e malvas e cos que se elaborarán pompóns e pezas cadradas para cubrir os elementos da Praza Maior.

A responsable de Benestar Social convidou a todos os cidadáns que saiban ou que queiran aprender a calcetar ou ganchillar a que se acheguen a estas xornadas nas que disporán do material necesario para levar a cabo a acción.

O yarn bombing é un arte urbán que xurdiu nos últimos anos en diversas partes do mundo como unha actividade de protesta e decorativa de elementos e do mobiliario urbán co que reclaman unha maior presenza das persoas que calcetan.

Prazo Actividades Socioculturais
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén lembrou que dende hoxe luns 5 e ata o día 9 está aberto o prazo para a solicitude de prazas para as máis de 120 actividades socioculturais que se presentaron para o primeiro semestre do 2013. As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebra o día 19 de novembro en cada un dos centros de convivencia municipal.