Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Pleno do Concello aprobou hoxe a conxelación dos impostos municipais para 2013 coa abstención do PP


# Martes, 06/11/2012
A Corporación tamén aprobou inicialmente a Ordenanza de Circulación que adapta a normativa municipal de tráfico á nova Lei de Seguridade Viaria 

O Pleno do Concello acordou hoxe, coa abstención do Partido Popular, a conxelación dos tributos municipais para 2013. A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou que o Goberno local renuncia a subir os impostos municipais para favorecer ás familias e ás empresas lucenses e para que Lugo siga a ser a cidade galega coa fiscalidade máis baixa.

A Corporación tamén aprobou inicialmente, co voto en contra do PP, a nova Ordenanza de Circulación que agora se someterá a exposición pública durante un mes. O Alcalde animou ó Grupo Popular a propoñer ó Ministro do Interior a reforma da Lei de Seguridade Viaria se quere modificar as infraccións que se prevén nela. Ademais, López Orozco eloxiou o traballo dos funcionarios que traballaron na redacción da Ordenanza e defendeu a lexitimidade do Goberno local de Lugo.

O Pleno rexeitou unha iniciativa do PP sobre o Plan Paradai porque os terreos xa están a disposición da Xunta libres de cargas, como destacou o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez. Pola súa parte o Alcalde lembrou que o Concello acordou o Plan Paradai co Goberno galego formado por Touriño e Quintana e que Feijóo non foi quen de levalo a cabo.  


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova