Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Concelleira de Benestar participaron nunha foto cos equipos e clubes da cidade contra violencia de xénero


# Martes, 06/11/2012
A Concelleira anunciou antes de cada partido ou competición se distruirán lazos violetas e gardarase un minuto de silenzo polas vitimas da violencia 

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, participaron nunha foto con representantes e membros dos equipos e clubes deportivos máis representativos da cidade en contra da violencia de xénero baixo o lema da pancarta que dicia Ante a violencia de xénero tolerancia cero.

Este é o inicio dunha serie de accións que se van levar a cabo nas diferentes competicións deportivas durante este mes de novembro polos equipos participants. Así, ao inicio de cada partido repartiranse lazos violetas entre os asistentes e gardarase un minuto de silencio en lembranza de todas as vítimas de violencia de xénero. Ademais, os capitáns dos equipos lucirán un brazalete co lema "STOP a violencia de xénero".

Carmen Basadre salientou “este é o mes do deporte contra a violencia de xénero, no que reivindicamos a igualdade e a non violencia coas mulleres e agradecemos esta participación do mundo do deporte xa que move a moitas persoas e onde compiten homes e mulleres”. Todos os equipos participaran unha mostra o día 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, no que mostrarán as súas frases ou accións en contra da desigualdade.

Os equipos participantes nesta iniciativa son o Club Deportivo Lugo, o Club Baloncesto Breogán, Club Voleibol Emevé Lugo, Azkar Lugo F.S., C.B. Durán Maquinaria Ensino, Club Ciclista Cidade de Lugo, Club Natación Portamiñá, Club ArcoMuralla de Tiro con Arco, Club de Tenis de Mesa 10 Portas Lugo, C.H.L. Meigas, Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Club Futbol Casás, Club patíns Lóstregos e o Ximnasio Argos-Astur. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova