Imprimir

HOXE TIVO LUGAR A CELEBRACIÓN DO CONCERTO DA LEMBRANZA


6/11/2012

O Concello de Lugo celebrou na Capela do Cemiterio de San Froilán o Concerto da Lembranza que tivo unha gran acollida e que contou cunha importante afluencia de público. Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de actuacións, que teñen por obxecto a integración do cemiterio na vida social e cultural da cidade e o de darlle á morte o seu sentido natural, como unha etapa máis do ciclo vital tal e como se viviu sempre na sociedade galega, fuxindo do concepto tabú e desintegrador que foi enraizando nos últimos tempos. O seu carácter participativo tivo unha resposta favorable na cidadanía con catro intervencións nas que varias persoas colaboraron directamente coas súas dedicatorias de lembranza e de honra manifestadas a través de cantos, poemas ou lectura de textos, contribuíndo a darlle ao concerto un carácter íntimo e cálido.