Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá remata o prazo de solicitude para a programación das actividades socioculturais do primeiro semestre de 2013


# Xoves, 08/11/2012


Mañá, venres, día 9 de novembro, remata o prazo de inscripción para participar nas distintas actividades socioculturais programadas pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude para o primeiro semestre do 2013. As inscripcións deben facerse en horario de 09:00 a 13:00 nos propios centros sociais. Os solicitantes deberán estar empadroados na cidade e as cotas oscilan entre a gratuidade e os 15,99 euros máximo.

O programa de actividades consta este ano dun total de 125 obradoiros que se impartirán nos distintos centros sociaias dirixidos a lucenses de todas as idades, dende a poboación infantil ata as persoas maiores de 65 anos. A programación inclúe unha gran variedade de cursos nos que se inclúen, entre outras actividades, adestramento de memoria, taichi, pilates, bailes de salón, risoterapia, ou cursos de español para estranxeiros.

Os máis cativos tamén poden escoller entre máis de 20 actividades distribuidas en diferentes áreas de actuación e nos que tamén poden atopar apoio escolar, baile ou introdución aos contos.

As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebra o día 19 de novembro en cada un dos centros de convivencia municipal co seguinte horario:

- Centro de convivencia Fingoi: ás 09:00 horas
- Centro de convivencia Maruja Mallo: ás 09:45 horas
- Centro de convivencia Sagrado Corazón: ás 10.30 horas
- Centro de convivencia Milagrosa: ás 11:15 horas
- Centro de convivencia María Balteira: ás 12.15 horas
- Centro de convivencia Lamas de Prado: ás 13:00 horas
- Centro de convivencia Uxío Novoneyra: ás 13.45 horas

As persoas que obteñan praza nalgún dos obradoiros deberán efectuar o ingreso da cota entre os días 19 e 23 de novembro. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova