Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga presentou a segunda edición dos Curso de Alfabetización Dixital que se realizará con voluntarios


# Xoves, 08/11/2012
O prazo para inscribirse está aberto entre o 12 e o 16 de novembro a través do 010 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Esta acción forma parte dun programa que realiza a Oficina de Voluntariados do BBVA e nesta edición levarase a cabo no Telecentro do Castiñeiro

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, acompañado Jose Ramón Vázquez Fernández, Coordinador Oficina Voluntario de BBVA zona Noroeste, Francisco Martín Fernández, director do Centro Banca Comercial de Lugo, e Gerardo Santaeufemia, Director Comercial BBVA Lugo, presentaron a segunda edición do curso de alfabetización dixital que se levará a cabo a través da Oficina de Voluntarios do BBVA. As persoas que impartirán o curso son voluntarios en activo ou xubilados que desenvolveron as súas labores profesionais en postos relacionados coas novas tecnoloxías.

Tivo moito éxito e agora queremos levalo a outra lado da cidade a aula de informatica do Castiñeiro, Este curso é para persoinas que non teñen ningún tipo de coñecemento en informática porque se vai explicar dende cero

Francisco Fraga, explicou que “é a primeira edición tivo moito éxito e agora queremos repetir pero levándoo ao outro lado da cidade a aula de informatica do Castiñeiro”. Neste sentido, mantizou que “está dirixido a persoas que non teñan ningún tipo de coñecemento en informática porque se vai explicar o básico en manexo de ordenadores”.

O Concelleiro de Servizos Xerais comentou que “nesta ocasión haberá 15 plazas que se poden solicitar entre os días 12 e 16 de novembro a través do 010”. O curso impartiráse entre o 19 de novembro ao 14 de decembro en horario de tarde e serán tres semanas nas que se impartirán nocións básicas sobre informática, uso de internet e correos electrónicos, busqueda e emprego e elaboración de curriculum e redes sociais.

Por outra parte, Javier Vázquez Fernández explicou que “somos voluntarios BBVA que estamos compostos por persoas en activo, xubilados e prexubilados. Esta acción de alfabetización dixital, forma parte doutros programas e accións que estamos desenvolvemos a nivel de España”. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova