Imprimir

O CONCELLO COLABORA NUNHA HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ EN LUGO


8/11/2012

O Alcalde, José López Orozco, presentou hoxe o recital “O meu primeiro Celso Emilio. Homenaxe aos 100 anos de nacemento de Celso Emilio Ferreiro” nun acto no que estivo acompañado por Xosé Lastra, membro da organización do evento.

O Alcalde explicou que “ é unha obriga para todos os galegos non permitir que se esquezan as voces dos poetas de Galicia que adicaron a súa vida a falar do país e dos problemas do país nunhas circunstancias moi difíciles”.

López Orozco salientou tamén que “para mín é un pracer que o Concello sirva de plataforma para difundir esta homenaxe” e aproveitou para convidar a todos os veciños e veciñas de Lugo a acudir á homenaxe que se vai tributar mañá a Celso Emilio Ferreiro no Círculo das Artes.

O acto consistirá consistirá nun concerto que terá lugar ás 20.00 horase e no que actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana, que interpretarán pezas coa letra de diversos poemas do autor.

Este acto tamén servirá de presentación dun libro-disco publicado por Edicións Xerais para conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio.