Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ana González Abelleira recolleu a distinción especial que lle concedeu Unicef ao Concello de Lugo polo traballo na protección da infancia


# Venres, 09/11/2012
A nosa cidade recibe unha mención especial de Unicef pola calidade do seu Plan de Infancia 

Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Sociais expresa a satisfacción por este importante recoñecemento que se concedeu a Lugo pola calidade do seu Plan de Infancia

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, recolleu esta mañá unha mención especial ao Concello de Lugo que otorgou UNICEF polo traballo que desenvolve a entidade municipal na defensa dos nenos e nenas. O acto no que estiveron presentes entre outras autoridades, Juan Manual Moreno Bonilla, Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Ángel Fernandez Díaz, Secretario Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias, Francisco de la Torre, Alcalde de Málaga, Consuelo Crespo, Presidenta UNICEF España e Ricardo García Pérez, Presidente UNICEF Comité Andalucía y coDirector IUNDIA celebrouse esta mañá no Teatro Albeniz de Málaga.

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, manifestou “a satisfacción do Goberno local por este recoñecemento que nos fai Unicef, que nos concedeu unha mención especial pola calidade do Plan de Infancia que estamos a desenvolver”. Tamén sinalou que esta distinción ó Concello de Lugo “é consecuencia do traballo que se leva facendo durante os últimos anos, coa colaboración de todas as concellerías e a implicación dos traballadores na protección dos dereitos da infancia”.

González Abelleira considerou que “se trata dun orgullo e, sobre todo, dun estímulo para seguir avanzando no recoñecemento dos seus dereitos e para que formen parte activa da vida social, económica e cultural da cidade”. Neste sentido, a Concelleira de Servizos Sociais indicou que os pequenos lucenses dispoñen de canles para facer chegar ó Concello as súas suxestións e demandas como son os buzóns da Infancia situados nas Ociotecas e Centros sociais, así como na páxina web municipal www.lugo.es.

A concesión desta distinción ó Concello de Lugo acordouse en outubro no marco do programa Cidades Amigas da Infancia. O Xurado que tomou a decisión estivo formado por un membro de cada unha das entidades do Programa Cidades Amigas da Infancia: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, FEMP, IUNDIA (Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia) e UNICEF, así como por catro expertos de recoñecido prestixio nacional e internacional no campo da infancia: Josep Muntañola Thornberg, catedrático emérito de Arquitectura da Universidade Politécnica de Barcelona; Fidel Revilla González, profesor de Educación Secundaria, presidente de Acción Educativa e experto en participación infantil no ámbito local español; José Antonio Corraliza, catedrático de Psicoloxía Ambiental da Universidade Autónoma de Madrid; Miguel Ángel Ruiz, profesor titular de Metodoloxía da Universidade Autónoma de Madrid; Esperanza Ochaíta, catedrática de Psicoloxía Evolutiva da Universidade Autónoma de Madrid e Carlos Becedóniz Vázquez, coordinador do Observatorio da Infancia e a Adolescencia do Principado de Asturias. Para a Concelleira de Servizos Sociais, esta distinción supón un primeiro paso para acadar a declaración de Lugo como Cidade Amiga da Infancia. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova