Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello facilita a tramitación de impostos e sancións de tráfico cunha nova Oficina Virtual tributaria á que se pode acceder dende a páxina web do Concello


# Luns, 12/11/2012


O Concello mellora a atención ó contribuínte coa posta en marcha dunha Oficina Virtual tributaria que ofrece a posibilidade de tramitar o pago de impostos tanto en voluntaria como en executiva e sancións de tráfico a través de internet.

Co obxecto de evitarlle ós cidadáns desprazamentos innecesarios á hora de cumprir coas súas obrigas tributarias, a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos pon en marcha estes servizos que tratan de darlles as máximas facilidades ós contribuíntes tanto para a realización de consultas de información como para efectuar pagos on line.

Para elo, amplíanse os servizos que lla viña ofrecendo a Oficina Virtual Tributaria á que se pode acceder dende a páxina web do Concello www.lugo.es. Ata o momento xa estaba disponible a posibilidade de facer pagos virtuais e agora incorpórase a posibilidade de os cidadáns comproben se teñen os seu recibos pagados ou pendentes tanto na vía executiva como no caso das sancións de tráfico. Tamén se poden imprimir as cartas de pago para saldar a débeda mediante a propia terminal virtual de pago ou a través dunha entidade bancaria, imprimir os xustificantes de pago e facer outras xestións como a comprobación de datos, a modificación do domicilio de notificación ou incluir teléfonos e correo electrónico de contacto.

Outra mellora introducida no servizo de Recadación Executiva é a creación dun Centro de Atención Telefónica que funciona doce horas ininterrumpidas de 8 a 20 horas de luns a venres. O teléfono é 982 255281.  


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova