Imprimir

O CONCELLO APROBA NOVAS MELLORAS NA POSTA EN VALOR DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS


12/11/2012 Unha vez que se comprobou o bo resultado do cristal instalado na ventá arqueolóxica da Rúa Nova, complétase o proxecto con labres de restauración e con alumeado de leds  

A Xunta de Compras aprobou hoxe un proxecto para completar a ventá arqueolóxica da Rúa Nova, unha vez que quedou comprobada que se pode manterse aberta porque o vidro instalado en superficie é unha solución correcta, xa que se testou que o cristal que se instalou é idóneo para esa zona (un cristal pisable no que non esbaren os peóns).

Este proxecto vai consistir en completar os traballos dos restauradores sobre os restos e tamén na instalación dun sistema de iluminación de leds que dá menos calor e consume menos. Este é un dato importante para garantir a boa visibilidade dos restos, tendo en conta a ubicación e tamaño da ventá, ó tempo que se aforra consumo eléctrico.

Esta ventá funcionara anteriormente cunha estrutura elevada sobre o pavimento que permitía unha ventilación directa e estaba protexida por unha barandilla da que se queixaban os comerciantes da zona. A nova ventá da Rúa Nova ten o vidro instalado a cota do pavimento e tamén se instalou nela unha cámara de vixilancia. Logo de comprobar que esta solución é válida para manter aberta a ventá, pode ser pisada e acéptana os comerciantes, contrátanse estas melloras con Terra Arqueos (a mesma empresa que traballou na piscina de San Marcos) por un importe de 2.900 euros.