Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco recibe a visita de 50 alumnos de Francia e Italia que visitan Lugo a través do proxecto Comenius


# Luns, 12/11/2012
 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de 50 alumnos de Francia e Italia que forman parte do Programa Comenius que durante esta semana celebran un encontro en Lugo. Os institutos participantes son o IES Xoán Montes de Lugo, o ISE Antonio Vallisneri de Lucca (Italia) e o L.P. Jacques Cartier de Saint-Malo (Francia).
O programa Comenius é un proxecto educativo europeo que ten como obxecto reforzar a dimensión europea promovendo a mobilidade e a cooperación entre centros educativos.

José López Orozco deulles a benvida e explicou que “formamos parte dunha Europa con distintas culturas e linguas pero con un corazón común que fai posible actividades como a que estades a facer”. O Alcalde tamén quixo agradecer o esforzo aos profesores que fan posible este cambio de experiencias entre alumnos lucenses e alumnos europeos.

Os alumnos europeos coñecerán durante toda esta semana a cidade de Lugo e os principais lugares turísticos próximos como a Ribeira Sacra ou Santiago de Compostela. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova