Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presentou as Xornadas Cidades Amuralladas do Noroeste Peninsular que reúne a arqueólogos portugueses e españois


# Luns, 12/11/2012
Terán lugar os días 28, 29 e 30 de novembro e aquelas persoas interesadas poderán inscribirse gratuitamente ata o día 27 a través do enderezo electrónico info@muralladigital.eu

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

José López Orozco e Sonia Méndez destacaron a participación de importantes arqueólogos a nivel internacional e que forman parte do organismo Patrimonio Mundial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentaron as Xornadas Cidades Amuralladas do Noroeste Peninsular: da investigación á difusión do seu patrimonio histórico-arqueolóxico que organiza en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Desta maneira, os días 28, 29 e 30 de novembro, reuniranse en Lugo especialistas universitarios e xestores públicos do patrimonio histórico-arqueolóxico que falarán sobre as súas experiencias e os problemas, posibilidades e retos deste tipo de patrimonio cultural.

López Orozco manifestou que este tipo de acción pretende “dar a coñecer, estudar e poñer ao día os coñecementos que cada un de nós temos sobre os restos arqueolóxicos cunha dobre finalidade: elaborar un estudo científico e dar a coñecer os restos por motivos turísticos”. Neste sentido tamén sinalou a importancia de difundir o patrimonio amurallado existente en numerosas cidades xa que forma parte da súa evolución urbanística ao longo da súa historia e susceptible de ser un recurso cultural e turístico.

Pola súa parte, Sonia Méndez lembrou que “se fixeron estas xornadas querendo coincidir coas datas de celebración da Muralla como Patrimonio da Humanidade e nas que van participar importantes arqueólogos doutras cidades”. Neste aspecto destacou a figura de Rosa Ruíz Entrecanales que ademais de ser arqueóloga municipal de Ávila é tamén técnico de Patrimonio Mundial.

As xornadas estrutúranse en tres días, e cada un deles está orientado a unha época histórica diferente. Así, o primeiro día as conferencias versarán sobre as cidades amuralladas de orixe romano e o seu marco histórico que explicará o catedrático de Historia Antiga da USC Antonio Rodríguez Colmenero. Nesta xornada tamén se abordará os exemplos de cidades como Lugo, Braga e León.

O día 29 as conferencias centraranse máis nas cidades amuralladas de orixe medieval e no que se coñecerán as accións realizadas polo Concello de Ávila, de Santiago de Compostela, de Pontevedra e Melgaço en Portugal. O terceiro e último día o centro dos debates serán as cidades amuralladas de época moderna-contemporánea nas que se profundará na aplicación das novas tecnoloxías no seu estudo e exporanse os estudos sobre A Coruña, Valença do Minho e Monçao.

As sedes das Xornadas serán o Vicerreitorado da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e contarán cunha duración de 20 horas lectivas.

O número de prazas está limitado a 60 e a matrícula é gratuíta por orde rigoroso de inscrición que remata o prazo o 27 de novembro de 2012. Aquelas persoas interesadas poden apuntarse a través do contacto 666525456 (Patricia) ou a través do correo electrónico infoarrobamuralladigital.eu .

Esta acción forma parte do proxecto “Muralla Dixital”, proxecto europeo autofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) que ten como obxectivo a creación dunha rede de cidades amuralladas de Galicia e Norte de Portugal que aposten pola xestión conxunta para a valorización do seu patrimonio histórico-arqueolóxico a través das novas tecnoloxías da información.

www.muralladigital.eu

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova