Imprimir

A SEDE DA POLICIA LOCAL ACOLLE UN CURSO SOBRE SEGURIDADE VIARIA PARA POLICIAS LOCAIS DA PROVINCIA


12/11/2012

Hoxe deu comezo na nova sede da Policia Local a primeira edición do curso sobre Aplicación da normativa de segurdade viaria e transporte en vías urbanas dirixido a policias locais da provincia de Lugo e que terá lugar entre os días 12 e 16 de novembro en horario de 16:00 a 21:15 horas. O especialista encargado de impartir as clases é o Guardia Primero, destinado na Plana Maior do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, Técnico en Seguridade Viaria e transporte en vías urbanas, José Ramón López Iglesias.

Neste curso traballan dende o ámbito de aplicación das normas de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria ata a lexislación dos transportes públicos, privados e de viaxeiros.

Nesta primeira edición asisten 30 policias locais de Lugo, Mondoñedo e Ribadeo, que será completada cunha segunda edición destinada aos policias de Lugo, Palas de Rei, Guitiriz e Foz.