Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Concelleiros de Economía e Servizos Xerais reuníronse esta tarde cos titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado municipal interesados na venda de mercadorías por internet


# Martes, 13/11/2012
O Concello facilítalles 170 contactos para difundir ós seus produtos con vistas á campaña de Nadal e distribuirá unha nova tanda de embalaxes para produtos galegos financiados polo Plan Urban 

Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, reuníronse esta tarde na Casa do Concello cos titulares de postos da Praza de Abastos e do Mercado municipal de Quiroga Ballesteros que están interesados no uso das novas tecnoloxías para a venda dos seus produtos.

O Concello ten en marcha un proxecto para que os placeiros poidan abrir novos canles para a comercialización dos seus produtos a través do comercio electrónico, que se porá en marcha o ano que vén, cando se estree a páxina web da Praza de Abastos e do Mercado municipal de Lugo.

Dezaseis placeiros xa amosaron interese en participar nesta iniciativa na que está a traballar o Concello e, nesta campaña de Nadal, xa poderán dar o primeiro paso mediante a difusión dos seus establecementos e os produtos que comercializan a colectivos de galegos residentes noutros puntos de España e no estranxeiro.

Na reunión desta tarde, os Concelleiros de Economía e de Servizos Xerais informaron ós placeiros que o Concello, a través da Oficina do Plan Urban, xa entrou en contacto con 170 entidades galegas no exterior para detectar potenciales clientes ós que ofrecerlles ás mercadorías que se comercializan na Praza e no Mercado de Lugo.

Deste xeito, o Concello pon a disposición dos placeiros unha ferramenta que lles permitirá iniciarse na publicidade e venda dixital dos seus produtos na que se avanzará tan pronto entre en servizo a web que está en fase de contratación.

Sonia Méndez e Francisco Fraga tamén lles explicaron ós asistentes á reunión outra medida que tamén pon en marcha o Concello con vistas á campaña do Nadal que conta con financiamento do Plan Urban.

Trátase da distribución dunha nova tanda de embalaxes para produtos galegos cos que presentar dun xeito máis atractivo licores, viños ou queixos. Nesta ocasión poñeranse a súa disposición, a partir do día 5 de decembro, 1.460 caixas de madeira para a comercialización destes produtos da terra.

Con eles suman xa 4.468 os embalaxes que leva entregado o Concello ós comerciantes dende o ano 2011. O investimento que leva feito o Plan Urban nesta liña de dinamización do comercio local é de 23.600 euros. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova